Inicio Noticias Veteráns VETERANOS. NUMANCIA "A", 0 - NUMANCIA "B", 1.
 
 

VETERANOS. NUMANCIA "A", 0 - NUMANCIA "B", 1.

ADR Numancia de Ares. Veteranos 2010-2011. Numancia IGUALDADE E SUPERACION NOS VETERANOS.
Gran partido e gran ambiente no clasico de Semana Santa dos veteranos.

 

Ares 23 de abril de 2011.

ALINIACIONS:
NUMANCIA “A”: Sergio, Mahía, Cokito, Pablo, Magariños, Juan Cartelle, Macuto, Lino, Zalín, Víctor, Sardina, Bardanda, Tropy, Dani Lago e Peinado.

NUMANCIA “B”: Bastida, Jimy, Asman, Óscar, Jose Antonio, Kiko, Viruco, Pedro Doval, Etíope, Chino, Juanciño, Patxi, Juan Escudero, Genete e Dani Gaitas.

COLEXIADO: D. Andrés Rodríguez Rodeiro. Magnífica actuación e gran demostración de paciencia.

 



Sábado Santo en Ares. Nunha boa tarde con sol, nubes e temperatura agradable, chegaba un novo partido de veteranos. Ex – xogadores do Numancia reuníanse para ofrecer espectáculo a animosa afección que se deu cita en Prados Vellos.

Neste partido, baixou a media de idade. Os mais veteranos comentábanlle o coordinador deportivo do Numancia de veteranos “Mou Picas” o anécdotico desa situación.

Os dous equipos ofreceron un bo partido, digno de calquera competición oficial. Non parecía un partido de veteranos, semellábase mais a un partido de rexional. No Numancia “A”, Fran Bardacanca e Jose Mahía mandaban no medio do campo. Un rápizo Zalín intentaba recordar os vellos tempos na dianteira. Nas bandas, Macuto e Victor, dous “veteranos” en moi boa forma eran unhas balas. Neste equipo destacar tamen o banquillo de luxo que cando saltou o campo rompeu o partido e toda a disposición táctica de “Mou Picas” xa que por mor da falta de reservas físicas dos xogadores suplentes o sistema era dun 4-2-4 e xa non había folgos para baixar a defender.

No Numancia “B”, mención especial para o xogador mais lonxevo do partido. ¡¡Vaia porteirazo esta feito Bastida¡¡¡ Nin tan sequera un golpe fortuito na faciana que lle provocou unha ferida sangrante, poido con este vello rockeiro. Fixo paradas de todas as cores, reflexos, colocación, seguridade. ¡¡¡¡59 anos, un espectáculo¡¡¡ Agora que o Numancia anda xusto de porteiros...

Neste Numancia “B” destacaba a parella de centrales, Jimy e Asman. ¡¡¡Menudas torres, calqueira pasaba por ahí¡¡ Sorprendeunos tamén o bo estado físico de Juanciño, que foi un dos destacados do encontro amosando ás súas boas maneiras, ¡¡¡o que tivo, retivo¡¡ A velocidade e bo facer do polémico Patxi na dianteira e o bo facer de Dani Gaitas, eran parte tamén do potencial deste equipo, moi unido durante todo o partido.

Foi un encontro moi disputado e intenso. Soamente vimos un gol, o que supuxo a vitoria do Numancia “B”.

Gran actuación de todos no partido, todos poideron aportar o seu gran de area a este partido de fútbol. Mención especial o colexiado, Andrés Rodeiro, que según se comentaba o final do encontro fixo “un arbitraxe inglés”, con moita man esquerda.

Para rematar esta tarde – noite de convivencia, tivo lugar na Cantina do Numancia unha deliciosa churrascada, para algúns xogadores a razón principal da asistencia ó partido. Unha cea que serviu para ver ás fotos do encontro, entre risas e comentarios e para unir lazos entre un colectivo, o de veteranos do Numancia que cada vez suma mais efectivos e cobra mais importancia na masa social da ADR Numancia de Ares.

¡¡¡Noraboa a todos campións¡¡¡

¡¡¡Vémonos na próxima cita¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.