Inicio Noticias Veteráns VETERANOS. NUMANCIA "A", 4 - NUMANCIA "B", 2.
 
 

VETERANOS. NUMANCIA "A", 4 - NUMANCIA "B", 2.

SDR Numancia de Ares. Veteranos 2010-2011. Numancia A CHAMPIONS DAS VELLAS GLORIAS
Picas e Tinito ganáronlle a partida a Marcelino e Jimmy.

 

Ares 5 de xaneiro do 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA “A“: Andrés, Rosco, Tinito, Víctor, Chema, Negro, Lino, Dani Magariños, Pablo, Rula, Kiko, Juancho, José Mahía, Carlos Maniños, Juanjo, Nacho e Pedro Doval. Dirixidos dende a banda por Picas.

NUMANCIA “B”: Juan, Julito, Jimmy, Macuto, Koki, Doval, Óscar, Dani Gaitas, Fran Bardanca, Renato, Cobelo, Muscu, Nillo, Tombo, Chino, Jose René, Asma e Juan Escudero. Dirixidos dende a banda por Marcelino.

COLEXIADOS: Rayito, Jorge Martínez e Suso “Somorrostro” que se repartiron ó traballo ó longo do encontro con moita paciencia.

 



Nunha tarde un pouco chuviosa pero con boa temperatura chegaba un novo partido de veteranos, clásico nestas datas en Prados Vellos. Como non podía ser doutra maneira, moitos ex - xogadores dironse cita nun partido que está a camiño entre a broma e á competición, dependiendo de con quen fales ou con quen te encontres. Dunha maneira ou outra poidemos ver un partido bastante intenso, bonito e coas anécdotas habituais neste tipo de partidos. Un partido con 6 goles, 4 - 2 para ó equipo do Numancia “A” que fixo gala dunha maior preparación física e saber estar no campo. Non faltaron os habituais “piques” sanos nin os retos persoáis. Tampouco faltaron a polémica nin ás risas. En definitiva, un novo encontro destes “vellos” rockeiros do fútbol que poiderón desfrutar dun novo partido de fútbol en Prados Vellos, ante unha aficción entregada e que os animou sen descanso. Toninho de Picas venceu a Pacucho e Marcelino no duelo táctico e o controvertido e polémico Tinito venceu a Jimmy en canto ó resultado, aínda que non en elegancia dentro do campo, no duelo particular que se anunciaba na previa deste partido nesta mesma páxina web.

 En resumo, o de menos foi o partido. Ás 20:30 todos os compoñentes dos equipos, poideron degustar dunha magnífica cea servida polos chefs “Pepe” e “Juan” no mellor restaurante da vila, “A Cantina do Numancia”. Unha cea que serviu para pechar as “feridas” do partido, e para facer un tercer tempo, e repoñer as enerxías gastadas no céspede.

Pechamos con esta reportaxe, unha boa xornada de convivencia e homenaxe a todos estos xogadores veteranos que brindaron unha bonita tarde de fútbol ós afeccionados aresáns. ¡¡¡Grazas a todos por participar e ata o ano que ven¡¡¡

 

SDR Numancia de Ares. Veteranos "A" Temporada 2010-2011.SDR Numancia de Ares. Veteranos "B" Temporada 2010-2011.

 

 

 

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.