BIBERÓNS. ÁNIMAS, 0 - NUMANCIA, 2

O NUMANCIA FINALIZA A LIGA CUNHA VITORIA ANTE O ÁNIMAS.
Esta tarde os biberóns xogaron no pavillón do Ensanche o derradeiro partido da liga de fútbol-sala.
Ferrol, 30 de abril de 2010

ALINEACIÓN: Roi, Miguel, Carlos, Diego, Iván, Jaime, Juan Ramón, Martín Miguel, Marcos Margaretto, Oscar, Raúl e Lucas.

COMENTARIO:
1ª PARTE: (0-3) no primeiro minuto de xogo Martín Miguel anota o primeiro gol do Numancia tras roubar un balón no medio campo. Lucas anotou o segundo e pouco despois Martín Miguel anotou o terceiro, batendo o porteiro entre as pernas.
 
2ª PARTE: (0-0) o Numancia acusa as rotacións de xogadores e non consegue meter gol, a pesar de dominar e ter boas ocasións como un disparo de Diego que pegou por dúas veces no pao da porteria.
 
3ª PARTE: (1-1) o Ánimas adiántase no marcador nun contrataque; destacar unha moi boa parada de Roi que fixo o seu mellor partido. Na dianteira Juan Ramón que xunto con Martín Miguel dispuxeron das mellores ocasións, este último conseguíu o empate.
 
4ª PARTE: (0-1) Carlos e Oscar realizaron unha moi boa presión sobre os xogadores locais que non sairon do seu campo, e grazas a este esforzo Jaime consegue o gol que desfacía o empate o recoller un saque do porteiro e tirar moi axustado o pau.
 
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.