Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. A SOLAINA, 1 - NUMANCIA, 3.
 
 

BIBERÓNS. A SOLAINA, 1 - NUMANCIA, 3.

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2009-2010. A Solaina, 1 - Numancia 3. Pavillón de A Solaina.DESPOIS DAS VACACIÓNS RETORNO O TRABALLO CON VITORIA.
O Numancia de biberóns vence con solvencia ante A Solaina no pabillón de Santa Cecilia, demostrando ser un equipo moi competitivo e unido.


A Solaina. 9 de abril do 2010

ALIÑACIÓN:
Miguel, Roi, Lucas, Juan Ramón, Martín Miguel, Martín, Oscar, Raúl, Marcos, Iván, Diego e Jaime.

1ª PARTE: (1 - 0) O Numancia moi superior nesta parte non consegue meter gol; ata tres tiros o pau e numerosas intervencións do porteiro da Solaina. A única aproximación da Solaina remata en gol nun balón que saía fora e Roi non atina a parar.

2ª PARTE: (0 - 2) Nesta parte sae a xogar o máximo goleador do Numancia, Martín Miguel, que anotou os dous tantos. Destacar a Juan Ramón, Martín e Marcos Margaretto, xogadores de primeiro ano, que cada partido demostran unha mellor colocación no campo. Raúl segue demostrando un partido máis a súa boa colocación como defensa o realizar varios cortes de balón en contras perigosas.

3ª PARTE: (1 - 2) Nesta parte Diego conseguíu os dous tantos; cando xoga na banda e con máis epacio aproveita a súa velocidade. Lucas tivo a oportunidade de anotar un tanto o executar un penalti cometido sobre Martín Miguel, pero tirouno o centro e o porteiro local parou.

4ª PARTE: (1 - 3) Diego anotou outros dous tantos, conseguindo así catro na súa conta persoal; o primeiro de tiro cruzado e o segundo de novo de tiro cruzado tras recibir un saque de corner. O gol da tranquilidade anotouno Martín Miguel de cano o porteiro.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.