Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. NUMANCIA, 0 - RACING SAN PEDRO, 4
 
 

BIBERÓNS. NUMANCIA, 0 - RACING SAN PEDRO, 4

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2009-2010. Numancia 0 - Racing San Pedro 0. Pavillón Municipal de Ares.ENCONTRO CONDICIONADO POLA DIFERENZA DE IDADES.

 

 

Aliñación: Miguel, Roi, Raúl, Diego, Carlos, Marcos, Margaretto, Óscar, Martín, Lucas, Martín Miguel, Pablo, Iván, Jaime, Iker e Juan Ramón.

Derrota abultada do Numancia ante un Racing San Pedro moi superior, no que marcaron as diferenzas os xogadores prebenxamíns cos que contan neste equipo.

1ª parte: dominio absuluto do R. S. Pedro que  pronto se adiantou no marcador, facendo prevalecer a velocidade e técnica dos xogadores con máis idade e experiencia en partidos desputados. O resultado foi de 0-8.

2ª parte: esta parte estivo algo máis desputada, ata que volveron a sair nos últimos minutos os xogadores prebenxamíns e anotaron 4 goles. Destacar a Carlos, o cal demostrou non desmoralizarse en ningún momento e aumentar a intensidade do seu xogo para opoñerse os contrarios.

3ª parte: destacar o porteiro Roi que a pesar de encaixar 8 goles fixo numerosas paradas, pero os rebotes favorecían os rivais que o ter máis velocidade chegaban en superioridade. Juan Ramón estivo moi preto de anotar un gol cun tiro desde dentro da área que parou o corpulento gardameta rival.

4ª parte: nesta última parte, Diego anotou os dous goles da honra, moi celebrados polos xogadores do Numancia. Destacar tamén a Raúl, que cada partido demostra unha maior adaptación e boa colocación, na súa demarcación como defensa.  Non obstante, a pesar do esforzo non se chegou a gañar rematando cun 2 a 5.

Resulta importante saber encaixar unha derrota tan abultada, os nenos débeno asimilar e aprender que non sempre somos os mellores. Seguir adestrando e sobre todo divertindose xogando o fútbol.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.