BIBERÓNS. NEDA, 1 - NUMANCIA, 2

O Numancia consegue unha vitoria moi axustada como visitante ante o Neda.

Ares, 18 de marzo de 2010.

 NUMANCIA: Miguel, Roi, Raul, Diego, Carlos, Martín, Iván, Martin Miguel, Oscar, Jaime, Marcos Margaretto e Lucas.

1ª parte: Os primeiros minutos foron presaxio do que ía acontecer nun partido moi disputado  e con intensidade. Destacar a Miguel, que fixo catro paradas moi boas en sendos un contra un. Sobre o minuto sete de xogo, Martín Miguel consegue o 1-0.
 
2ª parte: O Numancia perde 3-2 esta parte, os goles anotáronos Martin Miguel e Lucas. Por parte do Neda os goles anotounos Álex, un xogador moi desequilibrante e a ter en conta nun futuro.
 
3ª parte: O Numancia vence por 1-3 con  dous goles de Martín Miguel e un de Lucas. Diego con febre, tivo que abandonar o partido tras facer un gran esforzo nos minutos que disputou.
 
4ª parte: a última parte remata con  empate 1-1, gol conseguido por Martín Miguel, que anotou un total de 5 goles.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.