BIBERÓNS. NEDA, 1 - NUMANCIA, 2
O Numancia consegue unha vitoria moi axustada como visitante ante o Neda.
Ares, 18 de marzo de 2010.
NUMANCIA: Miguel, Roi, Raul, Diego, Carlos, Martín, Iván, Martin Miguel, Oscar, Jaime, Marcos Margaretto e Lucas.
1ª parte: Os primeiros minutos foron presaxio do que ía acontecer nun partido moi disputado e con intensidade. Destacar a Miguel, que fixo catro paradas moi boas en sendos un contra un. Sobre o minuto sete de xogo, Martín Miguel consegue o 1-0.
2ª parte: O Numancia perde 3-2 esta parte, os goles anotáronos Martin Miguel e Lucas. Por parte do Neda os goles anotounos Álex, un xogador moi desequilibrante e a ter en conta nun futuro.
3ª parte: O Numancia vence por 1-3 con dous goles de Martín Miguel e un de Lucas. Diego con febre, tivo que abandonar o partido tras facer un gran esforzo nos minutos que disputou.
4ª parte: a última parte remata con empate 1-1, gol conseguido por Martín Miguel, que anotou un total de 5 goles.