Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. NUMANCIA, 3 - ÁNIMAS, 0.
 
 

BIBERÓNS. NUMANCIA, 3 - ÁNIMAS, 0.

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2009-2010. Numancia 3 - Ánimas 0. Pavillón de Ares.O Numancia vence ao Ánimas nun encontro no que os gardametas aresáns Roi e Miguel sairon invictos.

Ares, 16 de marzo de 2010.

Alineación: Roi, Miguel, Raúl, Diego, Oscar, Jaime, Carlos, Martín, Pablo, Marcos Rei, Marcos Margaretto, Iván, Martín Miguel, Iker, Juan Ramón e Lucas.

1ª parte: O primeiro tanto do partido anótao Lucas, que tras evitar que saia o balón pola línea de fondo, lanza un forte disparo case sen ángulo que golpea no pau e entra na portería do Ánimas. Sen dúbida un dos mellores goles do que vai de liga. Remata a primeira parte con 1-0.

2ª parte: O Numancia, vence por 3-0. Diego, asume o peso do equipo e marca dous goles, así como realiza numerosas xogadas. Destacar o terceiro gol conseguido por Iván, picando o balón a media altura, e estreándose como goleador, recibindo así o premio merecido ao seu esforzo durante a tempada.

3ª parte: Tras numerosas ocasións de Martin Miguel, o marcador non varía e remata esta parte con 0-0.

4ª parte: Os xogadores do Ánimas, notaron o cansanzo, Lucas aprovéitao para aumentar a súa conta goleadora con outro gol axustado ao pau. Logo Martín Miguel anota 3 goles en 4 min. recuperando así a súa efectividade. Remata esta cuarta parte con 4-0.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.