Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. NUMANCIA, 3 - A SOLAINA, 1
 
 

BIBERÓNS. NUMANCIA, 3 - A SOLAINA, 1

SDR Numancia de Ares. Biberóns 2009 - 2010. Numancia 3 - A Solaina 1. Pavillón de Ares.

O Numancia de biberóns segue invicto na casa, gañando tres dos catro tempos.

 

A primeira parte comeza cun gol de Martín Miguel que tras roubar o balón bate o porteiro de A Solaina aos vinte segundos de partido. Posteriormente Lucas consegue o segundo gol co que finaliza esta parte.
Na segunda parte xogaron Roi, Marcos Rey, Martín e Raúl de inicio, os cales mostraron unha importante melloría que nos quedou reflectida no resultado de 0-4 grazas ao acerto goleador de A Solaina.
A terceira parte rematou con 1-0, gol conseguido por Martín Miguel, tras numerosas ocasións do Numancia que parou o porteiro rival, moi ovacionado pola numerosa afección visitante. Destacar o porteiro Miguel que non recibiu ningún gol nas dúas partes que xogou.
A última parte foi moi disputada polos dous equipos. Comezou gañando A Solaina e logo empatou Diego. Finalmente faltando 30 segundos para o remate do partido, Oscar cun tiro cruzado estableceu o 2-1 final.
 
Alineación: Miguel, Roi, Jaime, Marcos Margareto, Juan Ramón, Marcos Rey, Martín Miguel, Lucas, Diego, Óscar, Martín, Raúl e Iván.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.