BIBERÓNS. A SOLAINA, 1 - NUMANCIA, 1

SDR NUMANCIA. BIBERÓNS. A SOLAINA, 7 - NUMANCIA, 6. XANEIRO 2010 COMEZOU A LIGA DE BIBERÓNS


O Numancia de biberóns comeza a liga con reparto de puntos nun partido moi disputado.

Ares, 11 de xaneiro de 2010

 O  Numancia tiña a baixa dos porteiros habituais; mencionar a Roi que asumiu a papeleta durante todo o partido. O partido iniciouse cun 3-0 nos primeiros minutos debido en parte a que aos xogadores custáballes adaptarse a un balón demasiado duro e unha pista con moitas cores nas líneas e mal demarcada. Chegouse ao descanso cun 3-1 gol conseguido por Lucas que marcaría outros dous na segunda metade.
Destacar no equipo da Solaina o porteiro, que fixo numerosas intervencións e o número 6, un rapaz rubiño con grande fortaleza física e velocidade que meteu a maioría dos goles.
A segunda metade comeza coa anécdota do partido, tan común nestas categorías, e que sempre sacan o sorriso dos maiores, gol en propia porta de Diego, que nun enorme despite conduciu o balón dende e campo contrario e meteu o gol na súa portería. A partir deste momento comeza un dominio do Numancia facendo unha remontada. Faltando 2 min para finalizar o encontro o Numancia gañaba 6-4, tras meter tres goles Martin Miguel, pero nun par de inprecisións que provocaron 3 contras chegando o resultado final.
 
Alineación: Roi, Martin Miguel, Marcos Margareto, Jaime, Diego, Carlos, Iván, Martín, Lucas e Raul
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.