Inicio Noticias Biberóns Biberóns. Xogos de Nadal
 
 

Biberóns. Xogos de Nadal

S.D.R. Numancia de Ares. Biberones 2009-2010. Xogos de Nadal 2009. Fútbol Sala.Resultados do torneo de Fútbol Sala.

Na tarde de hoxe, 22 de decembro, celebrouse no pavillón deportivo municipal de Ares o torneo de Fútbol-Sala de categoría Biberón. Xabier Sánchez, técnico deportivo municipal envianos o seu comentario. Tamén indicamos os resultados dos distintos encontros aínda que non eran necesarios, posto que non había clasificación nin eliminatorias. 

Numancia - G. Mugardos (3-1)

 Barallobre - R. Neda (3-1)

G. Mugardos - Barallobre (0-1)

Numancia - R. Neda (1-0)

Numancia - Barallobre (2-1)

G. Mugardos - R. Neda (0-1)

Xabier Sánchez, técnico deportivo municipal de Ares envíanos o seguinte comentario:

Ola amigos e amigas do Numancia SDR, e Boas Festas!.
Este pasado martes, tivemos unha xornada de xogos de Nadal, adicado ao fútbol sala dos/das máis peques. Como vedes escapamos un pouco do termo torneo quizás nunha tentativa de alonxar un chisco a vertente competitiva favorecendo a parte máis lúdica do xogo, pois nas idades dos pequenos e pequenas que nos fixeron desfrutar esa tarde, faise raro atopar algo que non sexa xogar e xogar.
O formato que eleximos para estos xogos, foi o de minipartidos de 15 min. de duración e sen cambio de campo, xa que logo entendiamos, que a esas idades era tempo dabondo, e quizais o feito de non ter que cambiares de campo, facilitaría a súa orientación no espazo e reduciría a súa inseguridade, pois non esquezamos que ese martes, foi para a maioría dos peques, a súa primeira partida de fútbol sala contra outros/as iguais, pero ademais con presenza de público, con marcador, e con árbitro, que dito sexa de paso conqueriu que os pequenos/as apenas se desen conta da súa presenza, executando á perfección o seu papel e facilitando as cousas aos nosos/as protagonistas, polo que: Grazas Jorge, e noraboa!.
Logo das partidas xogadas, que dicir?. Que diferentes son os niveis de competencia motora a estas idades!, e canto supón uns meses e xa non digamos un ano na diferenza de idades!. Todos e todas xogaron ben que era do que tratabamos, e coido que ademais o pasaron en grande, e o que era moi importante….. fixéronnolo pasar en grande a nós!.
Ao remate recibiron cadansúa medalla, por suposto de ouro, e un agasallo consistente nunca mochila que agora poderán ir enchendo con máis experiencias deportivas, misturadas cas súas diminutas zapatillas e que con seguridade vai ir formándoos como futbolistas, pero sobre todo o máis importante: como bos chavales.
O ano que vén máis, e se pode ser mellor!.


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.