Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS.
 
 

BIBERÓNS.

SDR NUMANCIA. COMEZO DOS BIBERÓNS 2009/10XA COMEZARON OS PEQUES DO NUMANCIA

Na tarde deste martes, 6 de outubro, uns 15 peques de catro e cinco anos principiaron a actividade de "iniciación ao fútbol" no pavillón municipal de Ares.

O seu monitor, Luis Torrente, estréase nesta faceta nas filas do Numancia, entidade á que pertenceu nos seus anos xuvenís. Antes de realizar a súa primeira sesión de traballo, tivo unha charla informativa coas nais e pais destes nenos onde aproveitou para presentarse e aconsellarlles algunhas pautas de conduta.

Certamente, o Numancia e os peques deben estar satisfeitos por contar coa colaboración de Luis, un rapaz coa formación adecuada e con moita ilusión que lles aprenderá ao longo desta temporada conceptos deportivos básicos e valores de comportamento, moi necesarios para o seu desenvolvemento como persoas.

Finalmente, advertir do cambio de horario das sesións semanais. Continuarán sendo os martes e os xoves, pero de 17.30 a 18.30 h.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.