BIBERONS. NUMANCIA – AS PONTES.
ARRANCA A LIGA DE BIBERÓNS.
Partido correspondente a 1ª xornada da liga AFACO biberón de F-8 disputado na tarde do pasado venres 16 de outubro, ás 18:30 h, no municipal de Prados Vellos (Ares).
FICHA TECNICA
NUMANCIA: Roi, Hugo Martínez, Hugo Fonte, Juan Vicente, Unai, Job, Iker, Jorge, Navas e Marcos.
Adestradores: Marcos Amor e Dani Cartelle.
AS PONTES: Martín, Galego, Mario, Xalo, Guille, Enol, Brais, Iker, Dani, Diego, Antón e Xoel.
Adestrador: Fran Cascudo.
Numancia e As Pontes debutaban no Torneo AFACO de biberóns, temporada 2015-16 na tarde do venres en Prados Vellos coa presenza de un nutrido grupo de familiares, amigos e afeccionados que no pararon de aplaudir e motivar cos seus ánimos os rapaces.
Cando o balón comezou a rodar vimos un partido cheo de anécdotas, carreiras, xogadas bonitas e goles polos dous bandos que foron moi celebrados polos pequenos.
Sen dubida a tarde do pasado venres será un deses días inesquecibles, posto que para moitos dos nenos foi a sua primeira experiencia e o seu primeiro contacto co fútbol en estado puro.
Ao final do partido foto de familia para o recordo cos todos os participantes.
Na vindeira xornada, si o tempo o permite, o Numancia desprazarase ata O Pote para disputar un novo partido, nesta ocasión fronte o Maniños.