BIBERONS. XORNADA DE CLAUSURA FIN DE TEMPORADA.

NOVO ÉXITO DA LIGA AFACO BIBERÓN

O pasado venres celebrouse no campo municipal de Gallamonde en Miño a xornada de clausura da Liga AFACO biberón 2014-2015. Xogáronse os seguintes partidos:

 

Miño, 29 de maio do 2015.

AD MIÑO - NARÓN BALOMPÉ

CULTURAL MANIÑOS - EUME DEPORTIVO

CCRD PERLÍO - CD AS PONTES

NUMANCIA DE ARES - GALICIA DE MUGARDOS

Xogaron polo Numancia un novo derbi ante os amigos do Galicia de Mugardos os seguintes xogadores:

NUMANCIA: Mario, Lucas Espiñeira, Carlos, Lucas Varela, Arturo, Dani, Manu, Adrián Vidal, Iker, Adrián Vázquez, Jorge, Navas, Larraitz e Marquitos.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Daniel Cartelle Fernández.

Vimos durante toda a tarde fermosas xogadas para comprobar as evolucións dos xogadores biberóns de toda a comarca. Moitos deles pasarán á categoría prebenxamín, mentras outros disfrutarán dunha nova temporada nunha categoría biberón que se consolida ano tras ano no fútbol comarcal.

Unha vez finalizados os partidos, procedeuse a entrega de agasallos e das agardadas medallas a todos os nenos e nenas participantes nesta Liga AFACO biberón 2014-2015. Entregaron as medallas o delegado da FGF en Ferrol, D. Manuel Mesa, o alcalde do concello de Miño, D. Jesús Veiga, directivos da AFACO e do club local o AD Miño que foi quen organizou en todos os aspectos esta exitosa xornada de clausura dunha nova liga biberón. ¡¡¡Vémonos todos a próxima temporada¡¡¡ Noraboa.

A próxima cita para o Numancia biberón será o sábado 13 de xuño onde participará no Torneo do Rápido de Neda.

Desfrutade dunha magnífica galería fotográfica da xornada de clausura por xentileza de Rafa Feal.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡



 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.