Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. G. MUGARDOS - NUMANCIA.
 
 

BIBERONS. G. MUGARDOS - NUMANCIA.

PRECIOSO DERBI ENTRE AMIGOS


Partido correspondente a penúltima xornada da Liga AFACO de fútbol - 8 na categoría de biberóns, disputado na tarde do pasado martes no campo de herba artificial de A Pedreira en Mugardos ante numeroso público.


Mugardos, 12 de maio de 2015.


G. MUGARDOS: Samu, Cristian, Juan, Lucas, Tomás, Yerai, Miguel, Xoan, Iago, Mario e Dani.


Adestrador: Adán López Rey.


Delegado: David Montero.


NUMANCIA: Mario, Lucas Varela, Carlos, Manu, Lucas Espiñeira, Arturo, Adrián Vidal, Dani, Iker, Jorge, Larraitz, Navas e Marquitos.

 

Adestrador: Marcos Amor Roel.

 

Delegado: Daniel Cartelle Fernández.


CRÓNICA:


A penúltima xornada da Liga Biberón agasallounos cun fermoso derbi entre Galicia de Mugardos e Numancia nun campo de A Pedreira con boa asistencia de aficionados e unha óptima climatoloxía. Os nenos de ambos equipos amosaron todo o aprendido durante esta temporada e poidemos ver boas xogadas tanto colectivas como individuais nos dous equipos. Notouse o traballo de todos, maiores e pequenos. Porque no esforzo e a constancia está o premio, non sendo outro que sumar o aprendizaxe a xa de por si diversión dos nenos nesta categoría de iniciación ao fútbol como é a de biberóns.


Houbo fotografías conxuntas dos dous equipos (como ten que ser) e tamén fotografías dos xogadores do Numancia cos seus pais nunha bonita imaxe dun grupo amplio e unido ata o final. ¡¡¡Noraboa a tod@s¡¡¡


Agora, queda agardar ao venres 29 de maio, día no que se xogará a última xornada sendo esta de forma íntegra nunha sede que se coñecerá a próxima semana. Un día que será bonito para nenos e pais xa que ademais de xogar o último partido da temporada, algúns dos nenos recibirán tamén a sua medalla no mundo do fútbol.


Desfrutade dunha magnífica galería fotográfica do G. Mugardos - Numancia por cortesía de Rafa Feal (¡¡¡que gran fichaxe¡¡¡)


NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.