Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NUMANCIA – NARON “B”.
 
 

BIBERONS. NUMANCIA – NARON “B”.

COA VISTA POSTA NO CAMPO


Partido correspondente á última xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 6 disputado na tarde do xóves no pavillón de Ares entre Numancia e Narón “B”.


Ares, 5 de febreiro de 2015.


NUMANCIA: Mario, Adrián Vázquez, Adrián Vidal, Arturo, Carlos, Daniel, Iker, Jorge, Larraitz, Lucas Espiñeira, Lucas Varela, Manuel, Marcos Feal e Marcos Navas.


Adestrador: Marcos Amor Roel.


2º adestrador: Daniel Cartelle Fernández.


O pavillón de Ares foi o escenario do último partido da temporada 2014-2015 en canto o fútbol – 6 biberón AFACO se refire. Naroneses e numantinos medíronse nun encontro no que os máis pequenos entretiveron durante unha hora a un nutrido grupo de pais, nais, familiares e algúns afeccionados que se deron cita no pavillón para disfrutar da inocencia, a picardía., e as evolucións destes pequenos xenios do balón, e aos que xa se lles comeza a ver maneiras.


Agora todos os equipos biberóns dos distintos clubs pertencentes á AFACO disfrutarán do carnaval, toca poñerse os disfraces e as caretas, e á par preparase para retomar a Liga de Fútbol – 8 nos distintos campos de fútbol da bisbarra, alo pola última semana do mes de febreiro. No caso do Numancia, o regreso os campos será cun derbi entre veciños, Numancia – G. de Mugardos, en Prados Vellos. Polo tanto, desexamos deixar atrás o duro inverno para comezar a adestrar e xogar de novo no campo.


Vemonos pronto.


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.