Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. PERLIO – NUMANCIA
 
 

BIBERONS. PERLIO – NUMANCIA

CON PASOS DE XIGANTES


Partido correspondente a penúltima xornada da Liga AFACO biberón de fútbol - 6 disputado na tarde do mércores no Pavillón de O Ramo en Barallobre ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Fene 28 de xaneiro de 2015.


NUMANCIA: Mario, Arturo, Lucas Espiñeira, Manu, Lucas Varela, Carlos, Dani, Iker, Navas e Marcos.


Adestrador: Marcos Amor Roel.


Delegado: Daniel Cartelle Fernández.


CRÓNICA:


Entretido e bonito partido de biberóns o que ofreceron os pequenos do Perlío e do Numancia ao numeroso público que acudiu na tarde do mércores ao pavillón fenés de O Ramo en Barallobre.


No primeiro cuarto vimos moita igualdade e ocasións en ambas porterías, aínda que sin goles.


No segundo tempo, o gol de Dani era celebrado e moi aplaudido pola parroquia numantina.


No terceiro envite vimos moitos goles. O Perlío daba unha ledicia a sua afición anotando o primeiro. Pero Mario anotaba tamén para o Numancia.


No último cuarto o cansancio non se notou nos rapaces de ambos equipos e os espectadores vimos un novo gol de Mario para o Numancia.


En resumo, gran partido de ambos equipos que amosaron os progresos e avances colleitados durante o que vai de temporada. Os nenos van crecendo e no caso do Numancia 7 dos participantes neste partido serán xa dentro duns meses xogadores de categoría prebenxamín. Pouco a pouco van asomando á cabeza nisto do fútbol e seguen disrutando e aprendendo xunto cos mais pequenos do equipo biberón que sempre deixan abraiados e sorprendidos aos afeccionados coa sua loita e como non, coas suas anécdotas.


Na próxima xornada o Numancia pechará esta Liga de fútbol -8 no Pavillón de Ares ante o Narón "B" antes de comezar a preparar a volta aos terreos de xogo de fútbol - 8 dentro dunhas semanas.


A continuación, podedes disfrutar dunha galería fotográfica do CCRD Perlío - Numancia.


NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO


¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.