Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NUMANCIA - AS PONTES.
 
 

BIBERONS. NUMANCIA - AS PONTES.

DEBUTARON AS NOVAS XENERACIÓNS DE PEQUENOS FUTBOLISTAS

Partido correspondiente a 1ª xornada do Torneo AFACO de biberóns disputado na tarde do sábado en Prados Vellos ante un gran número de espectadores de ambos equipos.

 

Ares, 11 de outubro de 2014.

NUMANCIA: Mario, Arturo, Lucas Varela, Lucas Espiñeira, Carlos, Manuel, Adrián Vázquez, Marcos, Adrián, Jorge, Larraitz, Iker, Marc e Dani.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

Delegado: Daniel Cartelle Fernández.

Numancia e As Pontes debutaban no Torneo AFACO de biberóns 2014-2015 na tarde do sábado en Prados Vellos con moito público para presenciar o fútbol mais puro e inocente que existe. Para a maioría dos nenos participantes no encontro este era o seu primeiro partido das suas vidas, un auténtico acontecemento. Pais e nais provistos de cámaras de fotos e de vídeo non querían perder detalle do que acontecía no campo. Nametras os nenos saudaban aos pais e tamén de vez en cando atendían aos adestradores. Cando o balón comezou a rodar vimos un partido bonito con moitas anécdotas, carreiras, xogadas bonitas e goles por parte de ambos equipos. Foron 40 minutos intensos divididos en catro partes sendo todas moi divertidas. Sen dúbida un dia que os nenos e os familiares gardarán na memoria para non esquecerse nunca. Esto é señores e señoras a esencia do fútbol BIBERÓN.

Sempre que a climatoloxía o permite todas as semanas de outubro e novembro celebrarase unha nova xornada do Torneo AFACO biberón nos diferentes campos de fútbol da bisbarra. Na próxima xornada o Numancia visitara as terras eumesas para xogar ante o Eume Deportivo. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

A continuación podedes disfrutar dunha boa galería de fotos obra de Rafa Feal.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.