BIBERÓNS. ADIANTO AO CALENDARIO DE LIGA 2014-2015.
A AFACO deu a coñecer no día de hoxe as cinco primeiras xornadas de liga de biberóns na súa modalidade de fútbol - 8. Unha vez confirmadas e consolidadas todas as datas do campionato publicarémolo completo nesta WEB.
A competición será a dúas voltas e comezará o próximo fin de semana, 11 de outubro. O equipo biberón do Numancia de Ares disputará a primeira xornada en Prados Vellos ante o Ás Pontes.
PICA AQUÍ para ampliar a noticia.