Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. COMEZO DA ACTIVIDADE DE FÚTBOL
 
 

BIBERÓNS. COMEZO DA ACTIVIDADE DE FÚTBOL

MARTES, 23 DE SETEMBRO,  ÁS 17.30 NO PAVILLÓN
Os nenos e nenas nados no 2009 e 2010 que desexen anotarse no Numancia, xa poden iniciar a súa andaina no fútbol, desde este vindeiro martes.
 
Ares, 17 de setembro de 2014
 
As sesións semanais están marcadas para os martes e xoves, de 17.30 a 18.30 h.. Comézase o martes 23 de setembro e rematarase o xoves, 28 de maio do 2015.
 
De principio, utilizaranse as instalacións do pavillón municipal, aínda que ás veces, e en función do tempo, poidan subir ao campo de fútbol de Prados Vellos.Xogadores biberóns do Numancia de Ares (14/03/2014) 
 
Como en temporadas anteriores, a previsión é que se participe na Liga de Biberóns organizada pola AFACO. Nesta competición non oficial, haberá partidos de F-5 (nos pavillóns) e de F-8 (en campos de fútbol).
 
O monitor responsable desta actividade continuará sendo Marcos Amor, técnico do primeiro plantel do Numancia, e como axudante tamén estará Dani Cartelle.
 
A inscrición levarase a cabo na oficina do Numancia, situada no campo de fútbol de Prados Vellos, os martes, xoves e venres, en horario de 20.00 a 22.00 h. Para formalizar a ficha federativa, precísase levar o DNI orixinal do neno (de non ter DNI, terán que levar o Libro de Familia) e unha fotografía .
 
Por último, indicar que a cota mensual da actividade segue a ser de 12 €.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.