Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. G. MUGARDOS - NUMANCIA EN SAN XOAN
 
 

BIBERONS. G. MUGARDOS - NUMANCIA EN SAN XOAN

BONITO BROCHE FINAL

O pasado sábado ao mediodía os equipos biberóns do Numancia e do Galicia de Mugardos exhibiron o seu fútbol no marco da II Feira Artesanal de San Xoan de Piñeiro.

 


San Xoan 14 de xuño de 2014.

NUMANCIA: Mario, Alejandro, Papa Omar, Mateo, Lucas Varela, Carlos e Arturo.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Daniel Cartelle Fernández.

Nun bonito ambiente festivo e na pista de San Xoan de Piñeiro nun entorno con parque infantíl, postos artesanais e gaiteiros ambos equipos viviron un bonito derbi. O partido foi moi entretido e disputado para os numerosos espectadores que o presenciaron. Ambos equipos amosaron todo o que aprenderon nesta temporada de fútbol biberón e agasallaron aos presentes con boas xogadas e fermosos goles.

Unha vez rematado ó partido ambos equipos fixeron unha fotografía conxunta como mostra de deportividade e confraternidade entre equipos veciños. Asímesmo todos os xogadores participantes recibiron unha bolsa de gominolas e os adestradores unha caixa de bombóns por parte da organización da Feria Artesanal de San Xoan de Piñeiro que estivo de sobresaliente co Numancia e co Galicia de Mugardos.

Con este bonito partido o Numancia biberón puxo fin a esta temporada 2013-2014. Unha temporada na que o Numancia sufría un gran cambio xeracional na categoría biberón; pero que con traballo, ilusión e bo facer foron un bo grupo con novos nenos que desfrutaron co fútbol e progresaron na súa aprendizaxe. Polo tanto so nos queda felicitar a:

Rubén, Alejandro, Papa Omar, Mateo, Brais, Mario, Manuel, Carlos, Lucas Varela, Adrián, Arturo, Lucas Espiñeira e Unai.

Algún destos xogadores xogarán na próxima temporada en categoría prebenxamín; outros disfrutarán do seu último ano en etapa biberón.

De momento:

¡¡¡FELIZ VERÁN A TODOS¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

A continuación podedes disfrutar dunha bonita galería fotográfica do partido obra de Jorge Martinez.

 

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.