Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. NUMANCIA - AS PONTES.
 
 

BIBERONS. NUMANCIA - AS PONTES.

FACÉNDOSE MAIORES

Partido correspondiente a 17ª xornada da Liga AFACO de fútbol - 8 biberón, disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

Ares, 25 de abril de 2014.


NUMANCIA: Mario, Arturo, Adrián, Alejandro, Carlos, Lucas Varela, Manuel, Mateo, Papa Omar, Rubén e Lucas Espiñeira.

Adestrador: Marcos Amor Roel

2º Adestrador: Daniel Cartelle Fernández

Os nenos de Numancia e As Pontes non tiveron medo a alerta por ventos e choivas para o venres á tarde. Saíron con decisión e ilusión o terreo de xogo de Prados Vellos (con permiso das nais) para xogar un bonito e vibrante partido que fixo disfrutar aos numerosos espectadores. Por sorte o vento e a choiva non fixeron acto de presencia ata os últimos minutos do partido.Instante partido biberóns Numancia - As Pontes (Prados Vellos 25/04/2014)

Nos primeiros dous tempos do partido o equipo visitante aproveitou a sua superioridade física para amosar boas maneiras no campo en bonitas xogadas ofensivas. Como premio a ese bo traballo conseguiron varios goles.

Nos últimas duas partes os pequenos do Numancia tiraron do orgullo numantino e disputaron todos os balóns aos ponteses. Co paso dos minutos os numantinos conseguiron achegarse a portería visitante anotando tamén uns cantos goles.

En resumo, divertido e bonito partido de biberóns entre dous equipos que amosaron os seus progresos e os coñecementos obtidos durante toda a tempada. Sen dúbida gran traballo por parte de todos e moita ilusión e recompensa obtida por parte dos mais pequenos.

Agora, e tempo de disfrutar dos últimos partidos da Liga AFACO e de afrontar a recta final desta bonita temporada. Noraboa a tod@s.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.