BIBERONS. BARALLOBRE - NUMANCIA.

OBSÉRVANSE OS PROGRESOS

Partido correspondiente a 12ª xornada da Liga AFACO fútbol - 8 de biberóns, disputado na tarde do venres no campo de fútbol de O Ramo de Barallobre ante numerosos aficionados de ambos equipos.

 



Barallobre, 21 de marzo de 2014.

NUMANCIA: Mario, Alejandro, Papa Omar, Rubén, Mateo, Lucas Varela, Carlos, Lucas Espiñeira e Adrián.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Daniel Cartelle Fernández.Instante partido de biberóns Barallobre - Numancia. O Ramo 21/03/2014

Os nenos do Numancia biberón poideron xogar moitos deles por primeira vez nas sua curta carreira futbolística nun campo de herba natural. O histórico campo da Ribeira de O Ramo acolleu un bonito partido de biberóns entre feneses e aresáns. Un encontro vibrante e divertido, con moitas ocasións nas dúas porterias, goles e como sempre un sinfín de anécdotas propias da categoría.

En definitiva, un novo partido da exitosa Liga Biberón da AFACO no que os pequenos xogadores de Barallobre e Numancia amosaron que co paso dos meses van progresando e avanzando na sua formación futbolística; sendo o mais importante a diversión; cando menos no Numancia.

A vindeira semana o equipo numantino terá outra ocasión de divertirse. Desta vez será cos amigos do Cabañas en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA BATALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.