BIBERONS. NUMANCIA - NARON.

¡¡¡ÁNIMO BRAIS¡¡¡

Partido correspondente a 11ª xornada da Liga AFACO de fútbol - 8 biberón disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 



Ares, 14 de marzo de 2014.

NUMANCIA: Mario, Arturo, Rubén, Papa Omar, Alejandro, Mateo, Carlos, Lucas, Adrián, Lucas Varela, Manuel e Adrián.

Adestrador: Marcos Amor Roel.

2º Adestrador: Daniel Cartelle Fernández.

CRÓNICA:Brais Regueiro, xogador biberón do Numancia de Ares.

En medio da festa do fútbol - 8 numantino en Prados Vellos, cos equipos de prebenxamíns, benxamíns e alevíns xogando os seus partidos de Liga federada; uns nenos moi pequenos en estatura, pero grandes en calidade e simpatía irrumpían nun dos campos de Prados Vellos. Os biberóns de Numancia e Narón sacaban os sorrisos e os aplausos do respetable coas suas carreiras, caidas, regates e goles. Vimos un partido igualado, xogado de poder a poder e no que ambos equipos atoparon en varias ocasións o ansiado premio do gol. Como non podía ser doutra maneira os goles levaban o xúbilo as bancadas.... sendo celebrado con moita euforia por xogadores e afeccionados. Unha vez rematado o partido, chegaba o momento da deportividade, o saudo entre os dous equipos, a despedida cos aplausos dos afecionados e o tempo das duchas e dos merecidos bocadillos.

A familia do Numancia biberón quere aproveitar este rincón da rede para mandar un agarimoso saudo o xogador do equipo biberón do Numancia, Brais Regueiro que esta pasada semana tivo que xogar un partido difícil coa súa saúde. Como non podia ser doutra maneira o noso xogador venceu o primeiro tempo deste partido. O segundo tempo estamos seguros que tamén o vencerá; e que afrontará a sua recuperación co apoio dos compoñentes do equipo que regalaron a Brais un balón asinado por todos eles e que tamén lle adican estas líneas; agardando como non, poder velo no campo de fútbol o antes posible. ¡¡¡MOITO ÁNIMO BRAIS¡¡¡

Agora chega o momento de disfrutar das fotografías do partido ante o Narón.

O vindeiro compromiso do Numancia biberón será a próxima fin de semana no Campo de O Ramo en Barallobre onde agardan os amigos da SD Barallobre. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.