BIBERONS. NUMANCIA - G. DE MUGARDOS.
DE VOLTA O CAMPO.
Partido correspondiente a 9ª xornada da Liga AFACO biberón de fútbol - 8 disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares, 28 de febreiro de 2014.
Logo de xogar as primeiras 8 xornadas nos meses de outono e de refuxiarse nos pavillóns da comarca do duro inverno; volvía a Liga Biberón AFACO de fútbol - 8 que xa non parará ata finais do mes de maio.
A mellor maneira de retomar a actividade no fútbol campo para o Numancia era cun bonito derbi ante os amigos do Galicia de Mugardos. Os pequenos volvían a poñer as botas de tacos, a correr sobre a herba artificial e a deleitar ó numeroso público presente coas suas carreiras detrás do balón, as suas caras de ilusión, de ledicia e as anécdotas propias do fútbol mais puro que existe; o fútbol biberón. Nalgúns do rapaces podíanse ver ainda, os bigotes, os coloretes, e ata algún ornamento propio do carnaval, pois por uns momentos deixaron a festa do entroido para a vir a divertirse co balón.
Todos os participantes no encontro disfrutando dunha preciosa tarde de convivencia e fútbol en Prados Vellos. Houbo goles e tamén fermosas xogadas. Pero sen dúbida o mellor destos partidos son as fotos; así que como mais vale unha imaxe que mil palabras queremos que disfrutedes a continuación da galería fotográfica desde bonito partido de biberóns.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡