BIBERONS. NUMANCIA - MANIÑOS.

A ILUSIÓN VENCE AO FRÍO

Partido da 7ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do pasado venres no campo de fútbol de Prados Vellos en Ares ante numerosos espectadores dos dous equipos.

 



Ares 22 de novembro de 2013.

NUMANCIA: Mario, Adrián, Alejandro, Brais, Carlos, Hugo, Lucas, Manuel, Mateo, Oscar, Papa Omar, Ruben e Unai.

Estaban citados na tarde de hoxe toda a plantilla biberón do Numancia para facer a foto oficial da temporada, cita que pese o frío, ninguén se quixo perder para quedar inmortalizado na historia do Numancia. Despois da foto, o Numancia e os seus amigos do Maniños deleitaríannos cun bonito partido de fútbol biberón.

Carreiras, caídas e por momentos tratando de facer algunha xogada combinativa, os biberóns deleitaron aos numerosos afeccionados de ambos os dous equipos que se deron cita na bancada de Prados Vellos. Pais, nais, irmáns, avós… non pararon de animar e levar en volandas os seus respectivos pupilos, acompañando cos seus ánimos e aplausos a estes pequenos xenios do balón.

En resumo, un partido que serviu para seguir progresando e para sorprendernos gratamente cos avances dalgúns dos pequenos futbolistas. Este partido serviu tamén para ver ou debut de Unai, un novo xogador de primeiro ano que nesta semana se incorporaba ás filas numantina, e que hoxe era a súa entrada neste bonito mundo do fútbol. Un día que sen dúbida, malia a súa curta idade, quedará gravado na súa memoria. Grazas a Unai e á súa familia aos que desexamos que desfruten connosco.

Isto non para, queda un partido en fútbol campo antes de refuxiarnos nos meses de inverno nos pavillóns de toda a comarca. Próxima parada, no campo municipal Juan González (Neda) onde os nosos biberóns disfrutaran dunha nova xornada de fútbol campo fronte o Rápido de Neda.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.