Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. PRESENTACIÓN DOS PEQUES DO NUMANCIA.
 
 

BIBERÓNS. PRESENTACIÓN DOS PEQUES DO NUMANCIA.

MARTES, 1 DE OUTUBRO ÁS 18.00 NO PAVILLÓN
Os nenos de catro e cinco anos comezan mañá a actividade de "Iniciación ao Fútbol". A cita será ás seis da tarde no pavillón de Ares.
Ares, 30 de setembro de 2013
Marcos Amor, técnico do primeiro equipo do Numancia, será o encargado de introducir a estes pequerrechos na práctica do fútbol, aínda que esta actividade está orientada con carácter deportivo xeral, con xogos e traballos de coordinación. Axudándoo nesta tarefa terá a Dani Cartelle, xogador xuvenil do Numancia. 
Os nenos inscritos son os seguintes: Mateo Martínez, Carlos Oliveira, Mario Rañales, Óscar Roel, Hugo Sánchez, Alejandro Varela, Lucas Varela, Adrián Vázquez, Manuel Riveiros e Brais Regueiro. 
Aínda quedan prazas e poderán anotarse máis cativos durante esta semana.
 
Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.