BIBERÓNS. INICIACIÓN AO FÚTBOL

 ABRIU O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A TEMPORADA 2013-14

A actividade de Iniciación ao Fútbol destinada aos nenos e nenas de 4 e 5 anos (nados no 2008 e 2009) abriu o seu prazo de inscrición este venres, 20 de setembro, e estará aberto ata o 30 de setembro.
 
Ares, 20 de setembro de 2013
 
Quen desexe anotar ao seu fillo nesta actividade pode acudir á oficina do pavillón municipal en horario de 9.30 a 12.30 h. e de 16.30 a 20.30 h. para formalizar a súa inscrición.
 
Esta actividade desenvolverase en dúas sesións semanais dunha hora de duración, entre as 17.30 e as 19.30 h. dos martes e xoves. En principio realizarase no pavillón de deportes mais tamén acudirán ao campo de fútbol, sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.
 
O prezo da actividade é de 12€ ao mes. Comezará o martes, 1 de outubro e finalizará o 29 de maio.
 
Ademais, en caso de reunir nenos suficientes, participarán nun torneo de F-8 e outro de F-5 organizado pola AFACO.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.