Biberóns, Racing “A” 4 Vs Numancia 0

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2008-2009. Biberóns, Racing “A” 4 Vs Numancia 0. A MalataO Numancia de Ares non gaña na Malata


Venres, 8 de Maio de 2009

César Viñas Piñeiro

 

CATEGORÍA:

Biberóns.

RESULTADO:

Racing Ferrol 4 -- Numancia 0

ALINEACIÓN:

Pablo Cartelle; Cris Fernández, Raúl Nogueras; Isma Medín, Diego Fernández, Xan Garabana; Migui Oliveira;-- Raúl Maceira; Óscar Domínguez.

ÁRBITROS:

GOLES: Isma -1 gol-; Xan -1 gol-; Óscar – 1 gol-


 COMENTARIO:

Na xornada 9, aprazada no seu momento, o Numancia xogaba contra o Racing A na Malata, e xogouse na tarde do venres.

E comezou o partido sin que os nenos/as estivesen atentos e nos primeiros minutos case non podían telo, e no 3 recibiu o primer gol, ata que na mitade deste tempo empezaron o xogar, e un minuto despois Isma a pase de Xan logrou empatar o partido, pero no seguinte, no 7 o Racing adiantouse e no 8 nun corner, puxo 3-1 que deulle o primer punto.

Comezou a segunda parte sacando o Numancia pero o Racing robou o balón e adiantouse sen que se chegara o minuto 1, de novo costoulle os numantivos pasar de medio campo, ata que no minuto 6, Xan que correu detrás do balón desde o medio do campo, conseguiu roubar ó balón o Racing dentro da área e empatar o partido, pero nun minuto, entre o 8 e o 9, encaixaron doutros dous goles e repetiuse o marcador 3-1, e outro punto para os locais.

No terceiro tempo conseguiron non encaixar goles nos primeiros instantes, e pasada a metade do tempo, no minuto 6, nunha xogada de contra rápida do Numancia, Óscar logrou adiantar os visitantes por primeira vez no marcador. Pero no 8 de penalti por coller ó balón coa man os locais empataron e déronlle a volta o marcador un minuto despois, no 9, nun saque curto do porteiro.

O último tempo non foi moi bo para os visitantes, estaban algo cansos e non atendian moito o xogo, pero os locais tardaron 5 minutos en marcar o primeiro, logo os nenos/as tiveron algunha ocasión para empatar, pero foi o Racing, quen unha contra, no minuto 8 puxo o 2-0, que non foi o definitivo porque co tempo cumprido no minuto 10, despois dun corner, o Racing logrou o 3-0, e nun saque curto o Racing aumentou a súa ventaxa, 4-0, minuto 13, e no 15 (?) o árbitro pitou un penalti para o 5-0 definitivo.

O final ambiente frío na Malata pero os nenos/as saudáronse antes de marchar a casa.


INCIDENCIAS:

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.