BIBERONS. TORNEO DE O ROXAL

CAMPIÓNS NO ROXAL PARA FINALIZAR UN CICLO

O pasado fin de semana, durante o sábado pola maña e o domingo en sesión dobre, os biberóns numantinos despedían a tempada xogando o II Torneo de Fútbol Sala de O Roxal nesta fermosa parroquia do Concello de Neda.

 

 

 

Xogaron este Torneo polo Numancia os seguintes xogadores:

NUMANCIA: Marcos, David, Dani, Aketx, Ángel, Isma, Lucas, Hugo e Mario Carballo.

Os partidos disputados polo Numancia na fase de grupos do sábado foron ós seguintes:

10:50: NUMANCIA, 3 – RÁPIDO DE NEDA “B”, 0.

Partido no que co paso do tempo o Numancia impuxo a sua superioridade. Os goles de David, Hugo e Isma e o bo traballo defensivo dos nenos daban a vitoria ós aresáns.
Logo deste partido, a expedición numantina foi de excursión ata a Fervenza do Río Belelle, un paraíso natural do que puideron disfrutar os nenos e os seus acompañantes.

13:50: NUMANCIA, 0 – O FREIXO, 4.

A excursión previa e a calor fixeron mella nos nenos numantinos que víronse sorprendidos e superados con xustiza por un Freixo moito mais fresco e acertado neste partido.
Tras estos resultados, o Numancia pasaba como segundo de grupo xogando na xornada do domingo os seguintes encontros:

11:20: NUMANCIA, 2 – RÁPIDO DE NEDA, 1 (SEMIFINAL)

Semifinal con moita emoción e moita igualdade, no que o Numancia foi superior na última fase do partido, conseguindo desta forma a vitoria que o metía na final.

17:40: NUMANCIA, 3 – FREIXO, 3 (2 – 1 p.p.) (FINAL DO TORNEO)

Chegaba a final do Torneo onde o Numancia se medía ante un Freixo que derrotara cómodamente os aresáns no día anterior. Os nenos do Numancia fixeron un partido inconmensurable, aportadando todos eles moita frescura o equipo. Pola sua banda o Freixo confiou prácticamente no seu quinteto titular durante todo o partido. Moita emoción e igualdade que levou o partido a tanda de penaltis. Nesta quenda, e despois de 5 disparos por cada equipo o Numancia proclamábase campión deste II Torneo de Fútbol Sala de O Roxal.

Agradecer a SDC O Roxal a sua invitación e polo seu excelente trato durante o Torneo. Con este Torneo e a merenda celebrada na semana anterior onde nenos e os adestradores Jorge e Cristian recibiron varios agasallos o Numancia Biberón puxo fin a esta tempada 2012 – 2013- Unha tempada que empezaron 20 nenos, os mesmos que a remataron. 20 activos e 20 xoias da corona numantina que demostran que o fútbol en Ares ten moito futuro.

Agora a categoría biberón sufrirá un gran cambio, xa que dos 20 nenos desta tempada soamente quedarán 6, ademais da noxa xeración de pequenos que se apunten a xogar ó fútbol. Tempo de renovación na categoría biberón, novos aires e novas ilusión.

Pola súa banda, serán 14 biberóns os que pasan a categoría prebenxamín, axudando tamén a renovación da mesma e uníndose ós 4 nenos que permanecerán na citada categoría. Todo un reto para seguir disfrutando e progresando como persoas e futbolistas. Todo iso comezará no mes de setembro. Agora a familia do Numancia nas categorías de iniciación disfrutarán dunhas máis que merecidas vacacións de dous meses.

Grazas os nenos, adestradores, directivos, familiares, o patrocinador do equipo, Restaurante – Cafetería Abel e a todos aqueles que dunha ou de outra maneira aportaron o seu gran de area nesta aventura chamada Numancia de Ares Biberóns 2012 – 2013. Vémonos en setembro.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Numancia de Ares. Biberóns 2012-2013.

Recopilatorio Fotos. Biberóns 2012-2013.

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.