BIBERONS: I TORNEO CONCELLO DE ARES

BROCHE DE OURO PARA OS BIBERÓNS

Na tarde do venres, tiña lugar en Prados Vellos o I Torneo Biberón Concello de Ares coa participación do Numancia de Ares, Galicia de Mugardos, Rápido de Neda e SD O Val. O formato sería o de dúas semifinais, final de consolación e final en partidos con dúas partes de 15 minutos.


Ares 14 de xuño do 2013

Por parte do Numancia participaron no Torneo ós 14 xogadores de último ano biberón: Marcos, Dani, Lucas, David, Iker, Aketx, Isma, Mateo García, Ángel, Xerar, Hugo, Raúl, Sergio e Mario Carballo.

Estos foron os partidos do Torneo:

19:00: NUMANCIA DE ARES 3 – RÁPIDO DE NEDA 2 (1ª SEMIFINAL)

Dominio numantino na primeira metade con bo xogo e tres goles dos aresáns sendo o resultado de 3 - 0 ó descanso. Na segunda metade os nedenses aproveitaban o vento a favor para dominar ó Numancia e acadar dous goles. Con este resultado xogaría ó Numancia a final e o Neda a final de consolación.

19:00: GALICIA DE MUGARDOS 1 – SD O VAL 2 (2ª SEMIFINAL)

Partido vibrante e con emoción ata o final. Adiantaríanse os mugardeses pero os valexos daríanlle a volta ó marcador para meterse na final do Torneo.

20:00: GALICIA DE MUGARDOS 1 – RÁPIDO DE NEDA 0 (FINAL DE CONSOLIÓN)
Na final de consolación os de Mugardos vencían pola mínima ós de Neda nun partido moi disputado.

20:00: NUMANCIA DE ARES 0 – SD O VAL 0 (FINAL DO TORNEO)
Como xa sucederá no partido do Torneo AFACO disputado fai un par de semanas no Val; numantinos e valexos xogaron un partido parello e moi disputado na primeira metade. No segundo tempo, o Numancia foi superior tendo varias ocasións claras para levarse o partido, non estando atinado o equipo de Ares na finalización das xogadas.

Para decidir o anécdotico campión do Torneo ambos equipos lanzaron un penalti errando o Numancia e anotando o seu a SD O Val para proclamarse campión deste I Torneo Biberón Concello de Ares. Noraboa.

En resumo, magnífico peche de temporada para o Numancia biberón cun Torneo en Prados Vellos que tivo unha gran acollida entre os espectadores de ambos equipos e do pobo aresán que acudiu en masa a animar, aplaudir, desfrutar e recoñecer o traballo de Numancia, Neda, Val e Mugardos na categoría biberón durante toda a temporada. Foi unha tarde de festa coa excusa do fútbol biberón. Unha tarde de festa que non sería posible sin a colaboración dos equipos invitados, Galicia de Mugardos, SD O Val e Rápido de Neda; ós árbitros ocasionais do Torneo, Santi e Genete; a fotógrafa do Numancia biberón Flor; a directiva do Numancia de Ares e o Concello de Ares representados polo seu Alcalde, D. Julio Iglesias e polo Concelleiro de Deportes, D. Jose Juán Vilar. Ambas autoridades entregaron acompañados de representantes do Numancia as merecidas medallas a todos os nenos participantes no Torneo.  Moitas grazas a todos pola vosa colaboración.

En definitiva, festa dos nenos para que ninguén dubide que soamente eles son e serán sempre os maiores destinatarios e protagonistas destes eventos deportivos e sociais. Sen eles e sen os seus familiares,  monitores, directivos, colaboradores… o fútbol base local non sería posible.

O Numancia biberón despedirá oficialmente a temporada este martes 18 de xuño entre ás 17:30 e ás 20:00 nas instalación de Prados Vellos. Partido dos nenos ante as supermamás, merenda e agasallos para todos os xogadores serán a excusa dunha nova festa dos biberóns numantinos para pechar a temporada 2012-2013.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.