BIBERÓNS. CLAUSURA DA LIGA AFACO EN MANIÑOS

PECHANDO ETAPAS

Última xornada da Liga de fútbol – 8 biberon organizada pola AFACO. Todos os equipos disputaron o seu partido final en Maniños, ante gran cantidade de espectadores dos 10 equipos participantes.


O Pote 31 de maio do 2013

NUMANCIA: Mario Carballo, Marcos, Dani, Lucas, David, Iker, Aketx, Raúl, Isma, Mateo García, Ángel, Xerar, Hugo, Sergio Gil, Papa Omar, Rubén, Mateo Martínez, Brais, Andreu e Mario Rañales.

Nunha tarde de venres algo anubrada e cunha temperatura óptima para a práctica do fútbol, tiña lugar no campo de fútbol de O Pote en Maniños a xornada de Clausura da II Liga AFACO biberón de fútbol – 8. Numancia de Ares, Galicia de Mugardos, SD O Val, Rápido de Neda, Xuventude Cabanas, Cultural Maniños, SD Barallobre, AD Miño e Cedeira SD foron ós 9 participantes da Liga biberón; ademais do CD As Pontes que tamén participuo nesta xornada final. Dende as 17:30 e ata as 21:00 todos os equipos desputaron o seu partido correspondente a última xornada no campo de herba natural de O Pote. O Numancia xogou o penúltimo partido ante o equipo anfitrión, o Cultural Maniños nun partido con moitos goles e no que participaron 18 xogadores do Numancia biberón nos tres tempos de 10 minutos que tivo o partido.

Finalizados todos os partidos, os 10 equipos participantes formaron en ringleiras para recibir todos eles as mais que merecidas medallas. Caras de emoción e de ledicia nos nenos de todos os equipos. Gracias a eles, os seus monitores e ós seus familiares a II Liga AFACO Biberón foi un novo éxito nesta temporada 2012-2013. Toca polo tanto felicitar ós 10 equipos participantes na mesma e tamén o Cultural Maniños pola boa organización da xornada de Clausura.

En canto ó Numancia, éxito de participación nesta temporada de biberóns, sendo nada mais e nada menos que 20 nenos os que participaron durante algún partido desta Liga oficiosa de biberóns. Foron 14 dos 20 nenos ós que se despediron da súa etapa biberón xa que a partir do mes de setembro pasarán a formar parte do Numancia prebenxamín. Noraboa a todos. Tamén os 6 nenos de primeiro ano aportaron e aprenderon moito durante a temporada; estando chamados na vindeira temporada a tirar do carro biberón xunto coa nova remesa de pequenos que de seguro terá o Numancia; de feito algún deles xa se deixa ver polos adestramentos e polos distintos campos de fútbol da comarca.

Pero antes de despedir a temporada e a etapa biberón, toca afrontar neste mes de xuño os últimos adestramentos, torneos e compromisos sociais. Nesta semana, adestramento o MÉRCORES ás 17:30 en Prados Vellos, e xantar de convivencia do fútbol – 8 no Mosteiro de Santa Catalina – Montefaro o próximo sábado a partir das 14:00.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.