Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. NUMANCIA - R. DE NEDA.
 
 

BIBERÓNS. NUMANCIA - R. DE NEDA.

LOCURA PRIMAVERAL

Partido da 13ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na mañá do sábado no campo de Prados Vellos en Ares ante numerosos espectadores.


Prados Vellos 4 de maio do 2013.

NUMANCIA: Isma, Dani, Sergio, Lucas, Ángel, Raúl, Iker, Mateo, Xerar, Aketx, Mario Carballo, Marcos e Papa Omar.

 



Chegou o calor e o sol a Ferrolterra, e como xa sabemos “la primavera la sangre altera”. Moito mais nuns nenos de 5-6 anos que si xa habitualmente son inquietos e imparables e que o son moito mais nesta época do ano. Iso notouse durante a semana onde o cambio do tempo fixo enfermar a algúns compoñentes do equipo e tamén alterou o sistema nervioso de moitos deles; para ben e para mal.

Centrándonos no partido do pasado sábado, xogaron numantinos e nedenses un bo partido con bo ritmo, alternativas e boas xogadas por parte de ambos equipos. Nos últimos dous cuarto do partido o Numancia aproveitou o seu habitual fondo de armario para chegar mais fresco o final do partido; combatindo así o calor que facía mella nos pequenos xogadores de ambos equipos.

En resumo, un partido que serviu para seguir progresando e para sorprendernos gratamente cos avances dalgúns dos pequenos futbolistas ós que parece que lle senta moi ben ó sol; polo menos en canto ó fútbol. Partido que serviu tamén para ver o debut no Torneo AFACO do xogador senegalés de primeiro ano biberón do Numancia, Papa Omar; sendo xa 18 nenos biberóns numantinos os que participaron neste Torneo AFACO. Dato importante.

Felicitar ós dous equipos polo gran partido realizado e a Aitor (pai de Dani) pola arbitraxe.
Mención especial este fin de semana para o equipo prebenxamín do Numancia que sumou ó seu título de liga unha magnífica participación na Copa Delegación de Ferrol en Cedeira chegando a semifinales de Copa. Un equipo prebenxamín con colaboración biberón xa que participan habitualmente os biberóns Xerar e Hugo; ademais dos biberóns do ano pasado Juan, David, Brais e Axel. Eles e os seus compañeiros de último ano son un exemplo de que con traballo e ilusión se consiguen grandes logros; xa non en canto a resultados senón en canto a novas emocións vividas e en canto a progresos obtidos. ¡¡¡Noraboa campións¡¡¡

Emocións e novas sensacións son as que vivirán os nosos biberóns numantinos o próximo fin de semana no campo de A Pedreira no derbi biberón entre o Galicia de Mugardos e o Numancia. Último derbi biberón nesta etapa do Torneo AFACO. ¡¡¡Non debe faltar ninguén¡¡

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.