BIBERÓNS. CEDEIRA - NUMANCIA.

OS BIBERÓNS BRILLAN TAMÉN EN ORTEGAL

Partido da 12ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do venres no campo de O Beco ante numerosos espectadores.


Cedeira 26 de abril do 2013

NUMANCIA: Marcos, Dani, Lucas, Aketx, Isma, Ángel, Hugo, Mateo, Raúl e Mario Carballo.Numancia de Ares. Biberóns 2012-2013

Nova xornada para os biberóns numantinos e novedosa experiencia para os pequenos futbolistas aresáns. Por primeira vez nas súas curtas vidas deportivas desprazábanse para xogar un partido noutra comarca; abandonaban Ferrolterra para adentrarse en Ortegal. Unha lástima que neste partido os numantinos foron algo xustos de efectivos xa que por diferentes motivos algún nenos do equipo non se poideron sumar a esta excursión futbolera a Cedeira.

No terreo meramente futbolístico ambos equipos ofreceron un partido moi intenso. Notábase no campo que a maioría dos nenos participantes do encontro eran de último ano. Nos dous primeiros cuartos do envite houbo moita igualdade con múltiples ocasións e goles nas dúas porterías. Na última fase do encontro, foron os nosos numantinos os que controlaron algo mais o partido conseguindo varios goles seguidos. Non se renderon os de Cedeira que lanzaban rápidos contraataques que sorprendían a uns futbolistas aresán que coma sempre prestaban mais atención nas xogadas de ataque que nas acción defensivas; algo normal nestas idades por outra parte.

En resumo, partido de moita esixencia para os dous equipos. Gran ritmo de xogo e fermosas acción por partes de ambos equipos neste partido por sorte para ós espectadores presentes. Mención aparte para os comprometidos espectadores aresáns que tiveron que facer a viaxe mais longa da tempada. Con bo humor, paciencia, o bo tempo que reinou durante o partido e a ledicia de ver como ós nenos siguen progresando levouse todo moito mellor. Haberá que empezar a acostuarse; xa que non sempre se xogan os partidos préto da nosa casa ou en campos de céspede artificial. No fútbol tamén toca viaxar algo mais lonxe, adaptarse a todo tipo de campos e condicións climáticas, horarios… O fútbol biberón non é tan esixente; pero o fútbol base sí. Por sorte tamén existe o baloncesto, o xadrez, as manualidades e a opción mais cómoda de quedar na casa para ós que non lles guste adaptarse.

O seguinte COMPROMISO do Numancia biberón será o próximo sábado 4 de maio ás 12:00 da mañá en Prados Vellos ante o Rápido de Neda. Novo partido dun Torneo AFACO que entrará no seu último mes de “competición” e que vivirá o venres 31 de maio a súa clausura coa disputa da última xornada de forma íntegra no campo de O Pote en Maniños.

Toca seguir cumprindo cos nosos nenos e disfrutando con eles.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

AUPA NUMANCIA

 

Biberóns 2012-2013. Cedeira - Numancia.Biberóns 2012-2013. Cedeira - Numancia.

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.