Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. X. CABANAS - NUMANCIA.
 
 

BIBERÓNS. X. CABANAS - NUMANCIA.

TERMINANDO O BIBERÓN

Partido da 10ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do venres no campo anexo de A Veiga en Cabanas ante numerosos espectadores.


A Veiga 12 de abril de 2013.

NUMANCIA: Sergio, David, Lucas, Iker, Aketx, Isma, Xerar, Raúl, Dani, Ángel, Marcos e Mateo.

 

 

Volvía a “competición” o Numancia biberón tras disfrutar dunhas merecidas vacaccións de Semana Santa e de cumprir coa xornada de descanso do calendario a pasada semana. Por fin aparecía o sol entre ás nubes cunha temperatura ideal para a práctica de fútbol en Cabanas.

Observamos un partido bonito e disputado nos primeiros 20 minutos, onde Cabanas e Numancia agasallaron ós espectadores con fermosas xogadas, loita e goles. Nos últimos 20 minutos, os locais acusaron o estar escasos de efectivos en forma de cansancio. Iso aproveitouno un Numancia con moito fondo do armario para levar o timón do encontro ata o remate conseguindo un elevado número de goles.

En resumo, moi bo partido dos numantinos, xogando moitas veces en equipo, sobretodo en ataque. Nótanse xa os adestramentos dos xoves no campo de fútbol; o biberón pouco a pouco vaise vaciándo, os peques aprenden para ben e para mal (picardía) a pasos axigantados. Como nos dicían por Cabanas “estos de Ares de biberóns teñen pouco, parecen prebenxamíns”. Pois son biberóns de pura cepa e progresan adecuadamente.

Felicitar os nenos do X. Cabanas polo seu esforzo e pola súa entrega pese a estar moi xustos de efectivos. Tamén felictar os seus colaboradores que se esforzaron (como se aprecia no impagable traballo fotográfico de Flor) para adecentar un coqueto campo anexo, procedendo o seu pintado e conseguindo un terreo de xogo moi apropiado para a categoría biberón. Entre todos conseguimos que os nenos e non tan nenos disfruten cada vez mais do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8.

A próxima cita do Numancia biberón será na 11ª xornada do Torneo AFACO o próximo venres 19 de abril ás 18:00 ante o AD Miño. Por certo, unha tarde de venres que dende ás 17:00 ata ás 20:00 xogarán en Prados Vellos os biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns do Numancia. Unha festa do fútbol – 8 numantino con bo tempo (iso parece) a que estades todos convidados e prácticamente obrigados a vir. ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.