BIBERÓNS. NUMANCIA - O VAL.

QUEDARON TODOS BENDECIDOS.

Partido da 8ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na mañá do sábado no campo de fútbol de Prados Vellos en Ares ante numerosos espectadores.


Prados Vellos 16 de marzo de 2013.

NUMANCIA: Lucas, David, Dani, Ángel, Aketx, Isma, Hugo, Raúl, Mateo, Sergio Gil e Mario Carballo.

Volvía o fútbol biberón a Prados Vellos. Despois de fuxir do frío e da choiva do inverno, e de reanudar a pasada semana o Torneo de fútbol campo en Barallobre; volvía ó fútbol mais inocente en Prados Vellos. Mañán de choiva, de moita auga. ¿Acaso importou? Os nenos de ambos equipos tiñan moi claro dende que chegaron ás instalacións de Prados Vellos que o partido tiña que xogarse e que non había ninguna posibilidade de suspendelo. E os nenos mandan, moito mais que os país e que as nais nalgúns casos desta vida. Pois así foi e o partido xogouse. Os nenos de último ano biberón do Numancia e Val xogaron un bonito, disputado e divertido partido nun campo de herba artificial con bastante auga. Iso condicionou o partido, xa que os xogadores con maior corpulencia física levábanse os balóns dividios e tiñan mais seguridade e vantaxe na conducción do balón e tamén mais potencia nos pases e disparos. Estiveron algo mais atinados e fortes ós numantinos durante o encontro e conseguiron unha boa cantidade de goles. Non quixeron ser menos ós valexos ós que non lles sentou tan ben a choiva pero que deron moita guerra e amosaron o bo equipo que son anotando tamén algún gol. En definitiva un bonito partido entre dous equipos clásicos do fútbol biberón e vellos rivais e coñecidos. Sempre é un pracer xogar contra O Val, xa que acostuman ser partidos igualados e de moita esixencia. ¡¡¡Así é como se aprende e se progresa¡¡¡

En resumo, un 10 para ós compoñentes de ambos equipos. Un 11 para os familiares que acompañaron ós nenos nun día mais propicio para quedar na casa. Pero a ilusión e afición polo fútbol pode con todo. A ledicia dos nenos move montañas: o que antes parecía imposible, ver ós nosos pequenos totalmente empapados e disfrutando baixo a choiva cun balón, cunhas porterías e uns compañeiros como excusa; hoxe foi posible. Boa sinal. Gran compromiso. Seguimos medrando. E non queda outra que acostumarse ás duras e ás maduras; xa que a maior parte dos nenos destos dous equipos pasan para a categoría prebenxamín ó remate desta tempada. ¡¡¡E nesa categoría xa non valen tanto ás excusas¡¡¡ Como se dicía hoxe por Prados Vellos, “tienen que ir haciéndose hombres poco a poco”.  Unha pena non ter fotos do partido, xa que de seguro serían moi divertidas; pero comprenderedes que o día non estaba para moitas fotografías. A mellor fotografía de todas foron as sorisas dos nenos bailando sobre a choiva.

Agora toca seguir adestrando e progresando. Antes das vacaccións de Semana Santa o Numancia biberón xogará ante o Cultural Maniños o vindeiro fin de semana. Seguiremos informando. ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.