BIBERÓNS. BARALLOBRE - NUMANCIA.
VENCENDO Ó VIRUS
Partido da 7ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do venres no campo de fútbol de O Ramo de Barallobre ante numerosos espectadores.
O Ramo 8 de marzo do 2013.
NUMANCIA: Mario Rañales, Dani, Sergio, Iker, Isma, Marcos, Raúl e Mario Carballo.
Semana compricada para os biberóns numantinos. A principios da mesma, eran varios os xogadores de último ano que caían enfermos por mor dun virus de gripe febril que cebouse cos nosos pequenos nesta semana. Esta circunstancia e as choivas impediron que o Numancia biberón adestrara en Prados Vellos algún día, tendo que seguir refuxiados no pavillón.
Pese a todas estas circunstancias, o sol saíu nunha fermosa tarde de venres na que 8 nenos supervivintes ás enfermedades, horario e demais historias visitaban un campo histórico, O Ramo en Barallobre para cumprir co seu compromiso de reanudar a Liga de Fútbol – 8 AFACO de biberóns. Gran esforzo dos 8 pequenos que tiveron que xogar o partido completo; ben e certo que 7 deles eran de segundo ano, acompañados do mais biberón do equipo, Mario Rañales.
Xogou este Numancia ante un Barallobre cun plantel de nenos de primeiro ano. A diferencia de idade notouse moito no campo, sendo o Numancia moi superior e anotando unha cantidade bastante alta de goles. Os pequenos, deberán adaptarse pouco a pouco a forma de xogar no campo, asociarse e xogar en equipo. Neste partido amosaron un bo nivel, si ben e certo que a diferencia de idade e de físico axudaba moito ós numantinos. Vimos boas internadas pola banda dos nosos pequenos: unhas veces terminaban en centros, outras directamente en gol e noutras ocasións os magníficos rapaces do Barallobre eran quen de abortar as ocasións dos aresáns.
En resumo, un partido moi desigual. Os numantinos cumprion o trámite, sen pasarse. Os do Barallobre correron, desfrutaron no campo e amosaron emoción e ilusión por xogar de novo no campo. Felicitar os do Numancia por xogar este partido nunha semana compricada e os do Barallobre por non terlles medo.
Agardamos recuperar esta semana a todo o plantel para seguir cos adestramentos e acudir o xoves a Prados Vellos para realizar o adestramento. Con sorte, a climatoloxía terá compasións destes nenos de 4-6 anos. ¡¡¡Vai sendo hora¡¡¡
O próximo partido do Numancia biberón será o sábado 16 de marzo ás 12:15 ante a SD O Val no campo de Prados Vellos. Voltarán ós máis pequenos a xogar no campo de Ares para dar espectáculo e sacar sorrisos a todos os aficionados que suban para apoialos. Son pequenos pero pasarán lista e castigarán ós que falten. ¡¡¡Vémonos ó sábado en Prados Vellos¡¡¡ ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡