BIBERÓNS. NUMANCIA - R. DE NEDA.

ATA SEMPRE, PAVILLÓN DE ARES

Partido correspondente a 9ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na tarde do martes no polideportivo municipal de Ares ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Ares 19 de febreiro do 2013

NUMANCIA: Isma, Marcos, Iker, Ángel, Mario Carballo, Mario Rañales, Sergio, Raúl, Lucas, Mateo Martínez, Rubén.

 



Un partido especial tivo lugar no pavillón de Ares para o Numancia de biberóns. Era para a maioría dos componentes do equipo, o seu último partido da etapa biberón no pavillón de Ares. Moitos partidos levan xogados neste pavillón os pequenos e moitos recordos teñen gardados. Nos prolegómenos do partido o Numancia biberón realizou unha foto de grupo na que participaron todos ós compoñentes do equipo para inmortalizar o último partido da tempada no pavillón aresán.

Entrando xa no partido, podemos dicir que foi un encontro moi igualado, xogado de poder a poder. Non houbo un dominador claro do mesmo e as ocasións alternábanse en ambas porterías. Adiántabase o Numancia con gol de Raúl e posteriormente anotaba o Neda. A falta de cinco segundos para o final un dos dous equipos conseguía o gol que lle daba a vitoria anécdotica do partido.

En definitiva, bo partido o que nos ofreceron ambos equipos, coas habituais anécdotas (balonazos, caídas, etc) propias dun partido de biberóns, no que ademais de haber fútbol tamén hai tempo para as risas e por suposto para o compañerismo.

Despedirá o Numancia biberón o Torneo de Fútbol – 6 AFACO de biberóns o próximo xóves 28 de febreiro ante o Cultural Maniños no pavillón de O Ramo en Barallobre a partir das 18:30. Duelo inédito en biberóns entre dous clubs históricos do sur da comarca. Tocará desfrutar.

Na segunda fin de semana de marzo, reanudárase o Torneo de Fútbol – 8 AFACO de biberóns nos distintos campos de fútbol da comarca. Ós nenos están impacientes… pero de momento, quedamos todos citados para o xoves ás 18:30 no pavillón de O Ramo de Barallobre.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.