Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. G. MUGARDOS - NUMANCIA.
 
 

BIBERÓNS. G. MUGARDOS - NUMANCIA.

UN DERBI É UN DERBI, TAMÉN EN BIBERÓNS

Partido correspondente a 6ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na tarde do xoves no pavillón de O Cristo en Mugardos ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Mugardos 17 de xaneiro de 2012.

Numancia: Marcos, Dani, Aketx, Ángel, Mateo, David, Isma, Iker, Lucas, Raúl e Sergio.

 



Sexta xornada do Torneo AFACO de fútbol sala na que o Numancia biberón visitaba Mugardos para xogar un novo derbi ante os amigos do Galicia de Mugardos. Neste partido, ós dous equipos estaban formados por xogadores de último ano biberón, e iso notouse sobre á pista.

Foi un partido típico de derbi, aínda que sexan biberóns. O ritmo na circulación de balón e das xogadas, os golpeos, ás paradas e as acción propias dun partido de fútbol seméllabanse mais a un partido de prebenxamíns que de biberón. Notouse moito que os xogadores dos dous equipos loitaron cada balón como se fose o último. A ilusión dos nenos e a igualdade entre os dous equipos era patente na pista. Durante ós 40 minutos do encontro vimos moita disputa, ocasións de gol, grandes paradas, excelentes accións defensivas…. ¡¡¡Unha gozada¡¡¡. Non vimos goles por culpa da gran actuación dos defensas e dos porteiros de ambos equipos. É raro non ver ningún gol nun partido de biberóns; pero como dicimos, este partido non foi de biberóns, tivo un ritmo e unha calidade superior en moitas facetas do xogo.

En definitiva, extraordinario derbi biberón o vivido ó pasado xoves no pavillón do Cristo. Os nenos de ambos equipos merecen ser felicitados por esa exposición de ilusión, calidade e amor polo fútbol coa que deleitaron ós numerosos espectadores nunha tarde de choiva en Mugardos. Choiva e frio da que os nenos de todos os equipos do Torneo AFACO seguirán refuxiándose ata o mes de marzo nos pavillóns da comarca. Coa chegada da primavera, os nenos retomarán o Torneo de Fútbol -8 nos diferentes campos da comarca; moitos deles xa ó están desexando porque a pista comeza a quedarlles algo pequena.

Mentres tanto, quedan 5 xornadas do Torneo de fútbol sala. A próxima xornada será de descanso para o Numancia biberón; retomando ós partidos na primeira semana de febreiro no pavillón de Ares ante o Xuventude de Cabanas. Toca seguir adestrando, disfrutando e mellorando.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.