Inicio Noticias Biberóns BIBERONS: NUMANCIA - R. DE NEDA "B".
 
 

BIBERONS: NUMANCIA - R. DE NEDA "B".

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2012-2013. Numancia - R. de Neda BONITO PARTIDO PARA EMPEZAR O ANO

Partido correspondente a 5ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na tarde do martes no polideportivo municipal de Ares ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 

  

Ares 15 de xaneiro de 2013

Numancia: David, Ángel, Iker, Sergio, Marcos, Brais, Mateo, Aketx, Lucas, Papa Omar e Mario.

 

 

Retomaba o Numancia biberón a súa andadura no Torneo AFACO futbol – 6 de biberóns. Nesta ocasión recibía a visita do Rápido de Neda “B”. Partido no que o Numancia xogou cunha mestura de nenos de último e primeiro ano, quedando algúns xogadores veteráns sen convocar respetando a política de rotacións e igualdade de oportunidades. Por parte do Neda “B”, tamén unha mestura de maiores e pequenos; polo que podemos ver un bonito e igualado partido na tarde do martes.

Comezou forte o equipo visitante que pronto marcaba o seu único gol do encontro nos primeiros minutos. Co paso do tempo, os numantinos amosaron a súa calidade e as suas gañas de agradar o público. Esta melloría numantina tiña como premio o gol de Aketx. Non hubo mais goles no partido, pero si moitas xogadas bonitas e ocasións por parte de dous equipos que agasallaron o numeroso público cun bonito partido de fútbol biberón.

Foi un partido de probaturas. No Numancia o porteiro habitual Marcos ocupou un dos postos da dianteira; namentres que David habitual xogador de campo aceptou a responsabilidade da portería. Calqueira cambio e positivo para que os nenos disfruten de novas experiencias. Un pracer é tamen ver a mellora dalgúns dos nenos que se atreven con xogadas individuais, perdendo a posición e o norte; experimentando novas emocións e sensacións. A disciplina é importante nestas idades, pero de momento non esta por encima do disfrute e da melloría dos nenos.

En resumo, bonito, intenso e divertido partido entre dous equipos que amosaron un bo trato de balón e boas maneiras durante todo o partido. Agradecer ó Rápido de Neda “B” a súa visita nun día de semana e a Alex; un dos colaboradores do equipo biberón pola sua arbitraxe no encontro.

Sen tempo para descansar, este xoves día 17 ás 18:00 no pavillón de O Cristo en Mugardos teremos un novo derbi biberón. Os biberóns mugardeses e numantinos intentarán encher durante unha hora a vila mugardesa de ledicia; algo que fai moita falta nos tempos actuais.

Polo tanto, tedes todos unha cita anticrisis e antipenas este xóves ás 18:00 no pavillón de O Cristo. Galicia de Mugardos – Numancia, 6ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 6. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.