Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. O VAL "B" - NUMANCIA.
 
 

BIBERÓNS. O VAL "B" - NUMANCIA.

ATA SEMPRE 2012

Partido correspondente a 4ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na mañá do sábado no pavillón de O Val ante numerosos espectadores de ambos equipos.


O Val 22 de decembro de 2012.

NUMANCIA: Marcos, Isma, David, Lucas, Mateo, Mateo Martínez, Dani, Iker, Raúl, Mario, Mario Rañales.

Cuarta xornada do Torneo AFACO de fútbol sala para o Numancia que desta vez rendía visita a SD O Val “B” nunha bonita mañá de sábado, no día da Lotería. A falta de sorte cos números do sorteo a compensaron os nenos de ambos equipos ofrecendo un bo partido de fútbol biberón.

Foi un partido no que o Numancia contou con 11 xogadores, facendo dous equipos de 6 nenos repartindo os minutos a partes iguais entre as duas formacións, como e costume. O Val “B” contaba tamén cun bo número de nenos sendo os de maior envergadura os que levaron o peso durante todo o encontro. Vimos un partido moi disputado e igualado. Houbo ocasións para os dous equipos nos dous primeiros cuartos do partido. Os goles tardaron en chegar, sería no segundo periodo cando o Numancia conseguía o seu gol nunha internada de Isma por banda dereita na que asistía a Lucas para que este finalizara a xogada en gol. Pouco despois, Tamirat, xogador de cor do Val “B” conseguía o gol dos locais. No último cuarto de partido mais igualdade, mais ocasións pero de novo sin goles. Moitas ocasións e poucos goles, grazas  tamén o bo traballo defensivo dos xogadores e porteiros de ambos equipos.

Polo tanto, un bonito encontro de fútbol biberón entre xogadores na súa maior parte de último ano os que lles quedou pequeño por momentos o coqueto e acolledor pavillón de O Val. Foi un pracer despedir ós partidos dos biberóns no 2012 ante os nosos amigos de O Val; un rival tradicional durante todo este ano e ante o que o Numancia biberón sempre xogou partidos moi entretidos e disputados. Un equipo que por certo, sempre tratou ó Numancia biberón dunha forma excepcional. Toca felicítalos polo seu bo traballo cos biberóns durante todo o ano ademais de emprazalos para novos partidos en 2013.

Por parte numantina, despedimos o ano 2012 coa satisfacción e ledicia de ver o crecemento e progresións dos nenos. Uns nenos do ano 2007 que comezaban no fútbol en setembro de 2011 e que agora máis de un xuraría que non son ós mesmos. Outros nenos de 2007 e 2008 que comezaron no fútbol en setembro e outubro de 2012 e que a pasos axigantados melloran e se acoplan a un grupo xa formado de maneira máis que satisfactoria.  Ese e o único balance e a única reflexión que podemos facer. Ilusión, diversión, fútbol e aprendizaxe seguen unidos da man duns nenos que en xuño de 2013 a maior parte deles finalizarán a súa etapa biberón. Toca polo tanto seguir traballando, cambiar de marchas e aplicarse aínda maís no último trimestre.

Despedimos polo tanto 2012, co desexo de que tanto Papa Noel como os Reis Magos de Oriente se acorden destos grandes pequenos biberóns do Numancia á hora de repartir os seus regalos.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

E para o final deixamos ó máis importante:

A FAMILA DO NUMANCIA DE ARES BIBERÓN DESÉXAVOS A TODOS UN BO NADAL E UN PRÓSPERO ANO 2013.

 

 

Numancia de Ares Biberóns 2012-2013.

 

Bo Nadal

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.