Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. PARTIDO "NENOS - SUPERMAMAS".
 
 

BIBERÓNS. PARTIDO "NENOS - SUPERMAMAS".

GRAZAS A TODAS

Tradicional partido trimestral entre o Numancia de biberóns e as Supermamás dos mesmos, disputado na tarde do martes no pavillón de Ares ante un público formado polos país, avós e familiares dos nenos que non pararon de rir e sacar fotos durante o partido.


Ares 18 de decembro de 2012

NENOS: Marcos, Ángel, Isma,  Dani, Iker, Sergio, Lucas, Raúl, Mateo, Mario, David, Papa Omar, Mateo Martínez e Mario Rañales.

SUPERMAMÁS: Esperanza, Rebeca, Ana Belén, Anita, María, Berta, Fátima, Ángeles, Eva, Bego, Patri, Lucía, Isa, Dioma, Sara, Borja, Sergio e Martín.

Chega o fin do primeiro trimestre do curso para os biberóns do Numancia. Como é tradición e antes de coller ás vacacións, o equipo das supermamás encárgase de avaliar e comprobar ós progresos dos nenos durante o trimestre; e para iso, nada mellor que retalos a un partido de fútbol sala. Foron 14 xogadores numantinos ós que se mediron ás suas 14 nais axudadas por algún que outro irmán. O partido como en anteriores ocasións foi moi igualado. Un equipo de nais algo renovado, no que as xogadoras mais veteranas achegaban moito oficio, namentres que as novas incorporacións aportaban frescura, calidade e tamén algo de inocencia. En fronte, uns nenos superados polo físico e agresividade do rival, moi superior en canto a idade; eran axudados polo seu adestrador para facer fronte a semellante equipo. Goles, anécdotas, caídas, abrazos, sorisas, fotografías, momentos entrañables; como sempre un éxito este partido dos nenos ante as suas nais. O resultado era ó esperado, Numancia Biberón 5 – Supermamás 3. E xusto dicir que o equipo dos nenos contou con algunha axuda arbitral, pero ó fútbol é así; e mais no Nadal.

 

Equipo de Biberóns Numancia de Ares 2012-2013.Equipo Biberóns Nenos - Supermamás do Numancia de Ares 2012-2013.

 
Despois do partido, ós nenos desfrutaron dunha copiosa e merecida merenda no RESTAURANTE ABEL; patrocinador do equipo biberón do Numancia dende a pasada tempada. Croquetas, calamares, sándwiches, gominolas, gusanitos, patacas… acompañadas de Aquaris e auga foi o que tomaron ós nenos para recuperar forza. Mentras tanto, os familiares dos nenos desfrutaban dun rico café e tamén dalgunha que outra cervexa na cafetería. Como fin de festa, o RESTAURANTE ABEL regaloulle a cada neno un estuche con lápices, gomas, etc; para que vaian ben equipados á escola no próximo trimestre.

 

Equipo Biberóns do Numancia de Ares 2012-2013. Merenda en Restaurante ABEL.

En resumo, unha tarde maravillosa de Nadal coa excusa do fútbol. Agradecer as nais, que como sempre demostraron estar a altura das circunstancias, tanto na vestimenta, no partido e por suposto no seu grado de implicación e colaboración co Numancia e cos nenos. ¡¡¡Moitas grazas¡¡¡

Agora, antes de coller ás merecidas vacacións de Nadal, o Numancia biberón adestrará o xoves 20 ás 17:30 no pavillón de Ares para preparar o último partido de 2012 que será o vindeiro sábado 22 de decembro ás 11:00 ante os amigos da SD Val “B” no pavillón de O Val.

MOITAS GRAZAS A TODAS

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.