BIBERÓNS. NUMANCIA - BARALLOBRE.
BENDITA LOCURA
Partido correspondente a 3ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na tarde do xoves no polideportivo municipal de Ares ante numerosos espectadores de ambos equipos.
Ares a 13 de decembro de 2012.
NUMANCIA: Marcos, Dani, Aketx, Lucas, Papa Omar, Mateo, Ángel, Raúl, Sergio, Brais e Mario Rañales.
Terceiro partido do torneo de fútbol – 6 da AFACO para o Numancia de biberóns. Nesta ocasión visitaba o pavillón aresán a SD Barallobre; un club histórico da comarca que esta tempada recuperou o equipo dos biberóns. Na pista notouse dentre o primeiro momento a diferencia entre un Numancia moito mais rodado e coa maioría de nenos de último ano e dun Barallobre con nenos de 3-4 anos sobre a pista. Esta diferencia viuse traducida en moitos goles favorables ó Numancia durante todo o partido. Os xogadores numantinos respetaron ó rival e deixaron xogar os pequenos xogadores do Barallobre. Pero ó final os nenos son nenos, e por moito que se lles indique dende o banquillo a súa ilusión por xogar e conseguir goles e imposible de frear. Pese a iso, os xogadores numantinos víronse na obriga de xogar en equipo e conseguiron facer alguna boa xogada combinativa. Ós rapaces do Barallobre desfrutaron sobre á pista loitando cada balón; e aínda que e certo que poucas veces chegaron ata a portería numantina defendida por Marcos, fixeron un gran esforzo que foi recoñecido ó termino do encontro polos moitos aplausos do respetable. Así foi como o numeroso público presente premiou os nenos de ambos equipos que nos ofreceron un partido distinto, desordenado, tolo, con anécdotas e xogadas divertidas, momentos bonitos… un partido que serviu para que o fútbol biberón recuperara a súa esencia; a ilusión, a inocencia e a diversión.
Neste partido debutou no Torneo Afaco biberón o único neno do Numancia que faltaba por facelo. O mais novo, Mario Rañales do ano 2009, entrou na historia do Numancia como un dos debutantes mais novos da entidade.
Agradecer os componentes da SD Barallobre por desprazarse ata Ares nun día laborable para xogar co Numancia e darles moitos ánimos para seguir progresando e divertíndose.
Agradecer tamén a David Gil, xogador do equipo cadete do Numancia, pola súa arbitraxe neste encontro.
Estamos chegando ó final deste ano 2012. Chegan polo tanto próximamente ás vacaccións de Nadal. Antes diso, tres citas terán que afrontar os nenos biberóns numantinos. O próximo martes 18 teñen un dos partidos máis importantes da tempada, xogarán ante o equipo das SUPERMAMÁS. Un equipo agresivo, correoso e loitador, como ben amosaron na tempada pasada. O único partido da tempada no que o resultado sí importa. Aposten polos nenos. Despois do partido desfrutarán dunha merenda máis que merecida no Restaurante ABEL.
O xóves 20 tocará adestramento no horario habitual para preparar o último partido deste ano 2012, que será o día 22 (día da Lotería) ás 11:00 no pavillón de O Val ante o equipo anfitrión.
¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO