BIBERÓNS. MIÑO - NUMANCIA.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2012-2013. Miño - Numancia. Pavillón de Miño 07/12/12.MOITO RUÍDO E POUCAS NOCES

Partido correspondente a 2ª xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol sala; disputado na noite do venres no polideportivo municipal de Miño ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Miño 7 de decembro de 2012.

NUMANCIA: Marcos, Dani, Iker, Isma, Sergio, Brais. David, Aketx, Raúl, Andreu.

 



Segundo partido de fútbol – 6 nesta tempada para os biberóns numantinos. Un venres longo para os mais pequenos do Numancia. Día de escola con madrugón incluído pola mañá. Pola tarde poideron descansar un pouco antes de emprender viaxe ata Miño. Nesa localidade xogaban as 19:45 ante o conxunto local. Un horario “raro, raro, raro” para un partido de biberóns; pero asi foi e ás 19:45 deu comezo o partido. Un encontro nun escenario moi bonito. O pavillón de Miño conta cunha pista de parquet maravillosa, uns banquillos moi cómodos e amplos e unhas vallas delimitando a pista. Conta tamén cunhas excelentes e amplas bancadas para presenciar os encontros e disfrutar do deporte base con tranquilidade. A afición numantina tomou posicións na bancada, namentras que a maior parte da afección do Miño preferiu presenciar o partido abaixo, a pé de pista. Curiosidades.

Foi un partido con moito ruído. Os nenos intentaban xogar con tranquilidade; pero a pasión e o fervor da multitude contaxiaba os cativos tan pequenos. Vimos un partido con moito desorde e con moita igualdade. Os pequenos loitaban todos os balóns con moito ímpetu, as ocasións eran numerosas nas dúas porterías e ós goles foron chegando para ambos bandos co paso do tempo. Os goles trouxeron consigo a emoción. A incertidume no marcador (si é que eso existe en biberóns) notábase nos nervios dos nenos…. (non, perdón, dos nenos non), mais ben nos numerosos afeccionados da parroquia local. Moito ruído, fervor e pasión. Apareceu a dureza (si falamos de biberóns). Neste partido houbo choques e algunha que outra patada impropia de nenos de 4-5 anos. Por sorte casi todos pediron desculpas despois de realizalas (casi todos). O partido chegaba o seu fin, un partido no que os nenos de ambos equipos foron capaces de sobrepoñerse a presión do ambiente e nos obsequiaron cun precioso partido de moita entrega, ilusión e ocasións de gol. Non todo foi malo, tamén houbo abrazos e deportividade xa que o final do mesmo ós nenos do Numancia foron a saúdar un por un os compañeiros do Miño (deportividade por bandeira). Cousas do fútbol. Con 4-5 anos cando descubren o outro fútbol non se sorprenden, mais ben se asustan. Pero non pasa nada xa que a cousa non pasou a maiores. A loita, o sacrificio e a agresividade (ben entendida) forma parte do fútbol. Fútbol biberón… ata hai ben pouco era diferente.

Por outra parte, partido especial desta vez para Brais que debutou coa camiseta do Numancia. Cómo todos ós nenos en todos ós partidos tivo ós seus 20-25 para divertirse e aprender. Un día especial para este neno do Numancia; nunha tempada na que xa participaron nos diferentes partidos de campo e pista nada máis e nada menos que 19 rapaces biberóns. ¡¡¡Hai futuro, hai que coidalo¡¡¡

Teremos ocasión de comprobar se o fútbol biberón sigue sendo diferente o próximo xoves no pavillón de Ares nun partido que servirá para que os nenos do Numancia e do Barallobre se enfronten por primeira vez nestas dúas tempadas de biberóns. Novos amigos, novas experiencias. ¿Serán boas? Seguro que sí. Para comprobalo e anímalos contamos na tarde do xoves con todos vos no polideportivo municipal de Ares para pasar un bonito rato de fútbol biberón. NUMANCIA – BARALLOBRE de biberóns. Outro fútbol, coa ilusión e inocencia por bandeira  ¡¡¡que ninguén se atreva a quitarllela!!!.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.