BIBERÓNS. NUMANCIA - G. MUGARDOS.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2012-2013. Numancia - G. Mugardos. Prados Vellos 24/11/12.A ILUSIÓN E O PROGRESO; O MELLOR RESULTADO

Partido da sexta xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores.

 

Prados Vellos 24 de novembro de 2012.


NUMANCIA: Marcos, Ángel, Iker, Aketx, Dani, Isma, Lucas, Hugo, Raúl, Mario, Sergio e David.

 



Nas primeiras horas de sábado, a choiva e o vento amenazaban a disputa do derbi biberón entre Numancia e o Mugardos. Pero a maxia dos nenos pode con todo, esa maxia fixo que a choiva cesase, o vento parara de soprar e incluso aparecerá alguna raiola de sol para que afeccionados e xogadores de ambos equipos poideran desfrutar dun precioso partido entre rivais, vecinos e amigos de Ares e Mugardos en versión biberón.

Comezaba o encontro cos mugardeses en plan arrollador. Primeiros 5 minutos de dominio visitante que aproveitaban que os numantinos todavía durmían para marcar algún gol. Pero espertaron os aresáns e pronto visitaban a portería mugardesa para levar perigo. Co paso dos minutos facíase maís forte o dominio numantino e co bo xogo e o empuxe chegaban tamén os premios en forma de gol para os nenos do Numancia. Nos últimos 10 minutos volvían a cambiar ás tornas sendo os do Galicia os que exercían unha forte presión sobre os nenos numantinos e conseguían marcar algúns goles.

Goles, disputa, ledicia, ilusión, caídas, grandes paradas, regates, moitas conduccións… e por encima de todo moita amizade. Iso é o fútbol  biberón. Nenos de 4-5 anos disfrutando seguramente dos 40 minutos mais bonitos e divertidos da semana. A veces non nos damos conta do nivel que amosan ós pequenos futbolistas. Outras veces esixímoslle xogadas e accións propias de nenos moito mais maiores. ¡¡¡Nos teñen moi mal acostumados¡¡¡ Pouco a pouco, co paso do tempo os seus corazóns permitiralles facer mais esforzos, o seu talento seguirá progresando e a sua ilusión debería de seguir intacta. Iso é o mais importante, que ilusión, progreso e diversión camiñen collidos da mán.

A partires desta semana, non ofreceremos resultados dos partidos de biberón por acordó da directiva da AFACO. Non queremos saltarnos a norma pero neste partido imos a poner un resultado ficticio de Numancia 10 G. Mugardos 10. ¡¡¡Un dez para todos os nenos¡¡¡ Eso si, soamente para ós nenos; os demais xa temos bastante sorte de poder desfrutar con eles.

Semana de cambios, xa que a primeira fase do Torneo de Fútbol – 8 biberón chega o seu fin. A partires da semana próxima, refuxiarémonos nos pavillóns da comarca. Escaparemos do inverno, do vento e da choiva; ese inverno tan temido polas sufridoras nais (ós nenos non lles afecta). En decembro, xaneiro e febreiro terá lugar o Torneo Fútbol – 6 AFACO de biberóns. Fútbol sala nos distintos pavillóns da comarca, pero coa particulariade de que serán 6 nenos ós que xoguen de inicio por cada equipo. Atentos a esta páxina porque durante á semana informaremos do primeiro partido do Numancia e subiremos o calendario do Torneo.

Disfrutade das magníficas fotos por obra e graza da fotógrafa oficial do Numancia Biberón; Flor (con permiso do fotógrafo profesional do Numancia) e a seguir disfrutando.

¡¡¡NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.