BIBERÓNS. R. DE NEDA, 0 - NUMANCIA, 3.
SEGUIMOS MEDRANDO
Partido da 5ª xornada do Torneo Afaco biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do venres no campo de fútbol municipal de Neda.
Juan González (Neda) 16 de novembro de 2012.
NUMANCIA: Marcos, Aketx, Iker, Isma, Lucas, Raúl, Mateo, Sergio, David e Mario.
Na tarde do venres, cerca das 16:00, os biberóns, prebenxamíns e alevíns do Numancia invadían as inmediacións do centro de saúde de Ares para partir hacia os seus partidos do fin de semana. Neda, Ferrol e Valdoviño serían os seus destinos respectivamente.
En canto os biberóns, desprazábanse a Neda para xogar ante o conxunto local. Un Rápido de Neda co que xa xogaran na pretempada no Torneo de Mugardos, e que dende aquela, mellorou moito.
No primeiro cuarto do partido o Numancia intentaba impoñer o seu xogo, ante un Neda combativo e moi voluntarioso. Estiveron espesos ós numantinos e non chegaron con claridade a meta local, polo que o primeiro envite rematou sen goles.
No segundo periodo, mellorou o Numancia e chegaban as primeiras ocasións. Nunha delas Lucas aproveitaba un balón solto na área para envíalo o fondo da portería nedense. Ese foi o único gol do segundo envite, que se levaba o Numancia.
No terceiro envite mais do mesmo, un Numancia superior no trato de balón e no ritmo do xogo tiña claras ocasións. Nun saque de esquina sacado en curto, Isma internábase na área e cun disparo axustado batía o porteiro local. Era o único gol que volvía a dar a victoria ó Numancia neste terceiro envite. Tiveron ós nedenses ocasións, pero o bo traballo dos defensas numantinos e do porteiro tivo os seus froitos para manter a portería a cero durante todo o partido.
No último cuarto, o Neda estirouse para intentar conseguir cando menos un gol. De novo os defensas numantinos o impedían. Aproveitou o Numancia os espacios que deixaron ós nedenses; e de novo Lucas conseguía un gol para dar a vitoria ós de Ares tamén neste cuarto.
En definitiva, bo partido de fútbol biberón onde vimos a un Neda moi mellorado e traballador e a un Numancia demasiado serio e práctico para ser biberóns. Seguimos medrando no traballo colectivo e nas axudas. O seguinte paso será intentar conseguir mais goles de forma colectiva, sen abusar de tanta individualidade. Pouco a pouco, son nenos e o primordial e a diversión moi por encima da aprendizaxe.
O seguinte éxame será o próximo sábado en Prados Vellos ante un bo equipo biberón como e o do Galicia de Mugardos. Bonito partido que de seguro será unha boa aprendizaxe para ambos equipos. Con este partido fronte o Mugardos rematará a primeira fase da Liga Biberóns Fútbol – 8 Afaco que retomaremos en marzo de 2013.
Así que ninguén pode faltar ó próximo sábado ás 12:15 para ver en acción por última vez neste ano 2012 ós biberóns numantinos en Prados Vellos. Nada mellor que un derbi ante os queridos vecinos e rivais deportivos do Galicia de Mugardos para despedir o ano en fútbol campo. Non faltedes, paga a pena. A seguir disfrutando.
Aproveitamos para darlle as grazas a Flor (nai de Aketx) por achegarnos as marabillosas fotos do partido para desfrute de todos.
NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡