Inicio Noticias Biberóns BIBERÓNS. NUMANCIA, 2 - CEDEIRA, 1.
 
 

BIBERÓNS. NUMANCIA, 2 - CEDEIRA, 1.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2012-2013. Numancia 2 - Cedeira 1. Prados Vellos 10/11/12.CHEGOU A EMOCIÓN

Partido da cuarta xornada do Torneo AFACO biberón de fútbol – 8 disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores.

 


Prados Vellos 10 de novembro do 2012.

NUMANCIA: Mateo, Ángel, Aketx, Isma, Lucas, Dani, Sergio, Rubén, David, Marcos, Raúl.

 

 



Festa do fútbol – 8 na mañá do sábado en Prados Vellos. Alevíns, benxamíns e prebenxamíns disputaban ós seus partidos de Copa Federada e os biberóns, que pouco a pouco van cobrando protagonismo na familia numantina medíanse ó Cedeira na cuarta xornada do Torneo Afaco.

Neste partido, xogaron polo Numancia 10 xogadores de último ano e 1 xogador de primeiro ano. Foi o partido mais esixente e compricado dos disputados ata o de agora para ós numantinos, xa que os compañeiros de Cedeira deron moita guerra durante todo o partido.

No primeiro cuarto, saíron durmidos os nenos do Numancia. Iso propiciou que os cedeirenses se adiantaran no marcador. Pero nos últimos minutos deste periodo ós do Numancia reaccionaban e marcaban un gol despois dunha internada pola banda dereita de Isma e conseguían empatar este primeiro envite.

No segundo tempo, bastante igualdade no xogo. A maior presión do Cedeira valeulles para anotarse este segundo cuarto pola mínima diferencia.

Dábanse conta os rapaces numantinos que o Cedeira estaba a ser o rival máis compricado ata ó momento. Os biberóns do Numancia sacaron o mellor de si, facendo un terceiro cuarto moi completo para vencer con comodidade neste tempo.

No último cuarto, o maior empuxe e claridade no xogo do Numancia valíalle para marcar tres goles de maneira moi rápida, cun Ángel moi inspirado. Nos últimos minutos, os numantinos relaxábanse provocando que o Cedeira conseguirá tamén o seu gol.

En resumo, bo partido de biberóns entre dous dos equipos con maior poderío físico do Torneo Afaco. Anécdotico coma sempre ó resultado, pero non podemos deixar en anécdota o esforzo, a ilusión e a entrega dos xogadores dos dous equipos. Iso ben merece unha crónica, unhas boas fotos e tamén un resultado final (aínda que sexa de maneira parcial e non por goles).

Como dicíamos, partido que resultou compricado para o Numancia. Partido dos que gusta xogar, xa que nestos partidos os nenos aprenden e teñen que afrontar situación máis compricadas no xogo. Hoxe podemos ver certo orden nas xogadas, e tamén o talento infantil e o atrevemento dalgún dos nenos; cousa algo impensable meses atrás. Noraboa a todos.

Isto non para, quedan dous partidos en fútbol campo antes de refuxiarnos nos meses de inverno nos pavillóns de toda a comarca. Próxima parada, no campo municipal de Neda, venres 16 de novembro as 17:00 h. E a semana seguinte en Ares, derbi biberón; Numancia – Galicia de Mugardos en Prados Vellos. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.