BIBERÓNS. MIÑO, 0 - NUMANCIA, 4.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2012-2013. Miño 0 - Numancia 4. Gallamonde 02/11/12.PROHÍBIDO CONFUNDIRSE, PROHÍBIDO PRESUMIR.

Partido da terceira xornada do Torneo Afaco biberón de fútbol – 8 disputado na tarde do venres no campo de fútbol municipal de Gallamonde, en Miño.

Miño 2 de novembro de 2012.

NUMANCIA: Marcos, Aketx, Iker, Isma, Lucas, Raúl, Mario, Sergio, Dani, Mateo e Andreu.

Novo partido para ós biberóns numantinos. Desta volta, partía a expedición do Numancia hacia Miño. A choiva acompañounos durante toda a viaxe, pero por sorte decidiu dar unha tregua e o partido xogouse cun tempo moi apacible, sin vento, auga nin frío.

Neste partido polo Numancia participaron dez xogadores de último ano e un xogador de primeiro ano. Pronto se notaría a superioridade física entre os dous equipos, anotando ós numantinos varios goles que lle valían para levarse cómodamente o primeiro cuarto.

No segundo e terceiro cuarto, os xogadores numantinos recibiron ordes de baixar o pistón, deixar xogar de forma máis cómoda os compañeiros do Miño. Os nenos numantinos elaboraron máis ás xogadas, intentaron xogar máis en equipo e so algún neno abusou da individualidade animado de maneira equivocada polo público presente. Os numantinos pese a xogar con máis calma, leváronse tamén con comodidade estos dous envites.

No último período, quedaron no campo os xogadores numantinos con menos presencia física. Este último envite resultou mais igualado e cun xogo mais desordenado. Neste último cuarto os compañeiros do Miño tiveron o premio ó seu esforzo conseguindo o seu único gol do partido. Premio mais que merecido. Pero os guerreiros numantinos non conformes conseguiron un par de goles para adxudicarse tamén este último periodo.

Como decimos sempre, anécdotico o resultado e satisfactorias as sensacións deste grupo de rapaces que teñen que ir mellorando partido a partido, sobretodo no xogo en equipo. E bonito ver ós nenos marcar goles e abusar da conducción, pero hai que ter en conta que no fútbol biberón non deben existir nin Messis nin Cristianos Ronaldos. Polo tanto, anímemos ós nenos a xogar en equipo e a asociarse; xa que cando xoguen contra rapaces da súa mesma idade fáralles falta asociarse e colaborar entre eles para dobregalos.

Animar os compañeiros do Miño a seguir traballando e mellorando nesta “competición” e aventura do Torneo Afaco.

En canto ó Numancia, o vindeiro sábado ás 12:00 teremos unha nova ocasión para continuar coa diversión, aprendizaxe e compañerismo. O próximo sábado nos visitarán os compañeiros do Cedeira SD. Non debe faltar ningúen á festa do fútbol – 8 e do fútbol biberón na mañá do sábado 10 de novembro en Prados Vellos.

A seguir disfrutando cos rapaces, e como reza o título desta crónica.

¡¡¡PROHÍBIDO CONFUNDIRSE, PROHÍBIDO PRESUMIR¡¡¡.

Toca seguir traballando.

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Numancia de Ares. Equipo Biberón.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.