BIBERONS. REMATE DA TEMPADA.

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. Remate da temporada.COLORÍN, COLORADO…. ¡¡¡GRAZAS A TOD@S¡¡¡

O pasado xoves día 14, os nenos biberóns vivían a súa penúltima cita da tempada. Xogaban no campo de fútbol de Prados Vellos ante o magnífico equipo das supermamás. Despois dos dous enfrontamentos en fútbol sala, tocaba xogar no campo ante o adversario mais físico e aguerrido de todos os que xogaron co Numancia biberón nesta tempada.


O partido foi divertido, ameno, entretido, disputado e moi emotivo. 14 xogadores numantinos, axudados polo seu adestrador xogaban ante 13 nais axudadas por algún irmán dos xogadores. Despois dun partido con moita emoción, nos últimos intres os pequenos conseguían o gol da vitoria ante a pasividade defensiva das nais. ¡¡¡Un fillo e un fillo¡¡¡ Tod@s content@s.
2012 Equipo Supermamas ADR Numancia de Ares
O remate deste partido, nenos e familiares desfrutaron dunha copiosa e merecida merenda na cantina do campo de fútbol. Houbo tempo tamén para facer a foto oficial do equipo desta tempada 2011 -2012 onde estiveron presentes os 14 xogadores e os seus dous adestradores.

Pechouse esta tarde de xoves cuns merecidos agasallos para os nenos, consistentes nunha mini – camiseta de tela co escudo do Numancia bordado na parte dianteira e o nome e número de cada un dos xogadores do equipo numantino. Un agasallo máis que merecido.

O día seguinte, na tarde do venres día 15 tocaba, desta vez sí, poñer o punto e final a tempada. Era o turno da xornada de Clausura do Torneo AFACO no campo de herba natural de A Veiga de Cabañas. Nunha tarde desapacible, con bastante choiva os nenos dos distintos equipos non se amilanaron e participaron en diversos partidos durante toda a tarde acompañados polos ánimos dos seus familiares.

As 19:30 chegou o turno do Numancia, que xogou 15 minutos ante a SD Val e outros 15 minutos ante o Xuventude de Cabanas nunha bonita tarde de convivencia deportiva. Antes dos partidos, os nenos e familiares tiveron tempo para agasallar o seu adestrador cun balón asinado por todos os nenos do equipo. Bonito detalle. Como non podía ser doutra maneira, tamén houbo tempo para facer a foto de rigor en Cabanas. Para finalizar a xornada, todos os nenos numantinos recibiron a súa medalla conmemorativa da sua participación no Torneo AFACO de fútbol sala e fútbol – 8 durante toda a tempada. Medallas que entregou ós nenos o presidente da Asociación AFACO D. Ángel Barro “Peruzzi” axudado por directivos do conxunto organizador do evento, o Xuventude Cabanas C.F.
Equipo Biberón Numancia de Ares. Temporada 2011-2012.
Con este acto de clausura do Torneo AFACO remataba a tempada 2011 – 2012 para o Numancia de Ares biberón. Unha tempada que tivo  16 partidos de fútbol sala, 10 partidos de fútbol  - 8. Un Torneo de fútbol sala e outro Torneo de fútbol – 8; ademais dos dous adestramentos semanais que leva facendo este grupo de pequenos futbolistas dende o mes de outubro.

Remata a tempada, comezamos en outubro un grupo de 14 nenos e os familiares. Pechamos a tempada en xuño os mesmos 14 nenos. Perdón, non son os mesmos. Comezaban 14 nenos, 10 desos nenos vivían a sua primeira experiencia no fútbol. Medo o balón, o ambiente, algúns inclusos non se atrevían a xogar. Iso era nos meses de outubro e novembro. No mes de xuño, podemos decir con orgullo que non son os mesmos nenos, son outros. ¡¡Da gusto velos xogar¡¡¡ NORABOA CAMPIÓNS.

É xusto tamén felicitar as 14 familias do Numancia biberón. Neste caso, tamén temos que pedir perdón. Comezaban 14 familias futbolísticas e rematan no mes de xuño 14 familias convertidas nunha soa familia. A familia do Numancia biberón. Moitas grazas, país, nais, avos, irmáns, etc polo voso compromiso, pola vosa ilusión e polo voso apoito. ¡¡¡Moitas grazas a tod@s de corazón¡¡¡

JUAN, BRAIS, DAVID e AXEL foi unha honra contar con vos neste equipo do Numancia biberón. Moita sorte na vosa nova etapa no Numancia, desta vez na categoría prebenxamín.

XERAR, HUGO, IKER, AKETX, LUCAS, ÁNGEL, ISMA, DANI, SERGIO GIL e SERGIO FEAL foi unha honra vivir con vós a vosa primeira experiencia futbolística. Vémonos a vindeira tempada, que ten que ser MAIS e MELLOR. ¡¡¡Felices vacaccións e ata o mes de setembro¡¡¡

Equipo Biberón Numancia de Ares. Temporada 2011-2012.En xeral, moitas grazas a todos ós numantinos por seguir esta aventura de ilusión, inocencia e fútbol en estado puro (sen contaminar) chamada:

ADR NUMANCIA DE ARES BIBERÓNS 2011- 2012

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.