Inicio Noticias Biberóns BIBERONS. III MARATON S. D. RAPIDO DE NEDA
 
 

BIBERONS. III MARATON S. D. RAPIDO DE NEDA

Numancia de Ares ADR. Biberóns 2011-2012. III Maratón S.D.Neda 09/06/12.MARAVILLOSO PREMIO FINAL

Participaron por parte do Numancia no III Maratón Villa de Neda o pasado sábado os seguintes xogadores:


Neda 9 de xuño de 2012.

NUMANCIA: Juan, David, Axel, Xerar, Hugo, Isma, Sergio Feal, Dani, Aketx, Brais e Lucas. Non nos queremos olvidar de Iker, Sergio Gil e Ángel que por motivos de enfermidade e laborais (Alfombras Florais 2012) non poideron estar presentes no mesmo.

Non era o mellor día para ir a xogar un Torneo. A data coincidía coas Alfombras Florais aresanas, o tempo era desapacible… pero alí estaban ás 9:45 no centro de saúde os componentes do Numancia biberón cos seus familiares para defender o nome do Numancia e de Ares no Maratón de Neda. ¡¡¡Mereceu a pena¡¡¡

Comezaba o Torneo para ós numantinos con dous partidos da fase de grupos que constaban de dous tempos de 10 minutos.

Ás 10:30 o Numancia xogaba o seu primeiro partido do grupo ante a SD O Val. Pese a comezar perdendo, ós numantinos serían capaces de entonarse e facer unha segunda metade de partido moi boa para remontar e terminar gañando 2-1 neste partido. Numancia 2 – SD O Val 1.

Ás 14:00 medíase o Numancia a uns amigos novos desta temporada. Xogaban ós numantinos ante a Escola de Fútbol Base de Viveiro. Partido igualado que terminou con empate, aínda que a incertidume do resultado durou ata o último segundo. Finalmente, Numancia 1 – Viveiro 1.

Con estos resultados, o Numancia clasificábase como primeiro de grupo para ás semifinais.

Na semifinal, mediuse o Numancia o equipo anfitrión o Rápido de Neda. Partido moi igualado que finalmente decidiuse a favor dos numantinos gracias a un solitario gol. Rápido de Neda 0 – Numancia 1. ¡¡¡O Numancia biberón estaba na final do Torneo¡¡¡

A gran final medía de novo o Numancia coa SD O Val que eliminaba na tanda de penaltis o equipo do Ural CF de A Coruña.

Tocaba agardar a chegada da gran final. A familia numantina, aproximadamente 30 persoas entre xogadores, adestradores, país, nais, irmáns, avós… montaban o seu propio campamento nun recuncho do campo de fútbol de Neda. Soamente faltaba a bandeira numantina, xa que no campamento había de todo, zumos, iogures, ledicia, nervos e moita unión para desfrutar da gran final.

Ás 18:50 chegaba a hora. Numancia e Val saltaban xunto o colexiado do partido, saltaban todos xuntos como na Champions League ata o centro do campo para desde alí saudar e aplaudir o todo ó público presente. ¡¡¡Chegaba o termpo do fútbol¡¡¡Numancia de Ares. Equipo Biberón. Campións de III Maratón S. D. R. de Neda 2012

Vimos unha final con dous tempos de 15 minutos. Unha final bastante igualada, aínda que o Numancia levaba o control do xogo pero que a veces víase sorprendido polos rápidos contraataques dos valexos. Antes do descanso, Isma internábase pola banda dereita, centraba e Xerar conseguía o 1-0 co que ambos equipos chegaban o descanso.

Na segunda metade, poido sentenciar ó Numancia no primeiro tramo da mesma pero non acertou en varias ocasións ante a portería valexa. Nos últimos minutos, a SD Val buscou con moito ímpetu o empate, pero a boa defensa e o espíritu numantino que estivo presente en Neda durante toda a xornada serviu para que o Numancia conservara a súa ventaxa e conseguirá a victoria por 1-0 para ser campión do Torneo. Emoción e ledicia nos numantinos e decepción nos valexos. Un equipo da SD O Val que xa son uns amigos dos nosos numantinos. Un equipo que tamén disfruta partido a partido. Dende aquí queremos felicitalos pola magnífica temporada realizada, refrendada tamén neste Torneo.

Ás 20:30 tería lugar a Ceremonia de Clausura do Maratón nas categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín. Antes da mesma, os nenos numantinos quixeron celebrar a súa victoria no mesmo facendo a clásica “roda” e bailando no centro do campo, ademais de facer tamén ós clásicos piscinados adicados a todos ós seus familiares.

Chegou o momento de formar filas. Un a un e con relativa orde foron os nenos a recoller as súas medallas. O momento mais bonito foi cando o porteiro Juan recollía a Copa. Unha Copa que era levantada por todos ós nenos. Posteriormente, fotos, risas, mais fotos… e a dúbida de si estaban mais emocionados e contentos os nenos ou os país, ímos a poner un empate.

Para rematar, procede decir dúas cousas.

A victoria anécdotica neste Maratón de Neda simplemente e un bonio premio final a unha temporada de traballo, diversión, ilusión e de moitas emocións e momentos bonitos.

Tamén, esta bonita participación dos nenos no Maratón de Neda e un maravilloso agasallo para todos os familiares que día tras día, con sol, choiva, frio e calor acompañaron ós nenos a cada rincón da comarca para xogar os seus partidos. ¡¡¡Moitas grazas polo voso compromiso¡¡¡

Isto aínda non rematou. Non vos librades aínda do fútbol. Este xóves 14 a partir das 17:15 en Prados Vellos gran partido entre o Numancia Biberón e as Supermamás que esperemos que conten coa axuda tamén de algún pai para subir o nivel. Posteriormente, nenos e familiares desfrutarán dunha copiosa merenda na Cantina do Numancia.

Xa para rematar, o venres 15 o Numancia biberón medírase a SD O Val “B” na Clausura do Torneo AFACO no campo de A Veiga en CABAÑAS, para posteriormente recoller ás súas merecidas medallas na última festa da temporada do fútbol biberón.

Polo tanto, ¡¡¡a disfrutar do que queda¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.